Este porto deportivo está ubicado na ría de Arousa. É un lugar de gran atractivo turístico para os amantes do mar. É unha zona sen bateas, que permite navegar por augas libres e con profundidade suficiente. Ao norte atopamos fermosas praias e cara ao sur unha pasarela por riba do mar.


