O pequeno porto de Vila Praia de Âncora atópase na costa, no concello de Caminha, preto da desembocadura do río Âncora, xunto ao Forte da Lagarteira. Conta con infraestrutura para actividades pesqueiras e outra dedicada á recreación náutica.
Derrotero e indicacións de aproximación
A 2 millas ao Sur, fórmase a "Ensenada de Âncora" de 0,8 Millas de longo en sentido Norte/Sur con 0,3 Millas de saco. Nos seus extremos ergúense dous fortes: o do S denomínase forte do Cáo e o do Norte forte da Lagarteira.
Como axuda á navegación para facilitar o seu acceso está establecida unha enfilación luminosa ao Rumbo: 071º formada por dúas columnas prismáticas vermella e branca.
O porto conformase no espazo protexido por un dique de abrigo (Molhe Oeste) de 215 m que parte da costa ao Rumbo: 178º balizado na súa punta por columna a franxas vermellas e brancas e luz vermella e un contradique de 180 m que parte da praia formando un ángulo cóncavo que finaliza ao Rumbo 262, igualmente balizado na súa punta, e que deixa unha bocana de 65 metros con moi pouco calado (menos de 1 m en baixamar escorada) e fondos de area e pedras.
Ao Norte do porto no forte de Lagarteira, elévase o mástil de sinais, onde, cando a entrada é impracticable, acéndese unha luz vermella. Desde o muro oeste da fortaleza, emite unha serra de néboa.
Non hai un bo espazo de abrigo dentro destas instalacións. A pouco mar e vento mellor é non tentar a aproximación.
Se as condicións de tempo o permiten pódese fondear en sondas de 2 a 4 metros fronte ao dique. Ter en conta que a nortada, aínda que en horas matinais a brisa sopre mar adentro, pode acabar facendo incómodo o fondeo.