O encoro de Velle ten instalacións para producir electricidade e pódese cruzar andando ou en coche cunhas vistas que nos permiten ver os pantaláns da outra beira e o río polas dúas partes. O hórreo de grandes dimensións co caserío trasládanos á antiga produción agrícola que había e que o encoro coa subida do cauce anegou. Permítenos observar unha parte da Ourense Histórica, as pontes e as praias fluviais cos seus servizos.

