É unha área recreativa e fluvial entre Quenlle e Alongos. No verán hai servizo de cafetería. Nas proximidades hai patrimonio con igrexas románicas. Hai adegas cos seus viñedos que poderemos visitar e rutas de sendeirismo que nos levarán ás Pesqueras e ás termas de Outariz. Se accedemos a un dos miradoiros daranos unha excelente vista das vilas cos seus viñedos e unha panorámica do encoro de Castrelo de Miño e de Ourense.
