No río Miño hai zonas de sol e baño con pantaláns públicos e privados os cales nos proporcionarán o aluguer de Kayak, etc. Dispón dunha hostalería moi variada. Ter a estación de tren e a de autobús próximas indica as boas comunicacións que ten.
Dispón de igrexas románicas, pazos, o Castro de Santa Águeda, zonas de lecer e rutas de sendeirismo que nos permitirán gozar do río Miño. Temos nas proximidades o poder gozar de Ourense capital histórica e termas. A estrada Ourense-Os Peares levaranos a contemplar os socalcos das viñas e chegar a gozar da unión dos ríos Miño e Sil.