Skip to main content

Nautic Destination

RUMBO Á ILLA DE TAMBO E COMBARRO

Descrición

  • Invitámoste a embarcarte nunha ruta especial cara o interior da ría de Pontevedra, para descubrir os grandes tesouros que agocha, desde a pequena Illa do Santo á curiosa illa de Tambo, achegándonos á Escola Naval Militar e o porto de Marín, e visitando o pequeno casco antigo de Combarro e as súas construcións típicas mariñeiras, un dos pobos mariñeiros con máis encanto de Galicia.
  • Historias e lendas de piratas, de monxes, de mariñeiros e militares salpicarán este percorrido que nos levará a coñecer a costa de cinco concellos costeiros, con visita guiada a bordo e en Combarro, podendo incluír unha variante de navegación ata As Corbaceiras e visita ao casco histórico e zona monumental de Pontevedra.

Que inclúe

  • Visita guiada a bordo e na vila de Combarro
  • Miradoiros de realidade aumentada e audioguía

Non inclúe

Todo aquilo non especificado no itinerario e en "O prezo inclúe"

Recomendacións

Aconséllase roupa de abrigo para a travesía en barco, especialmente en tempada baixa se se quere viaxar nas cubertas exteriores.

Galería

RUMBO Á ILLA DE TAMBO E COMBARRO

Reserva

Prezo
Prezos tempada (adultos) alta: 15EUR Prezos tempada (nenos) alta: 7EUR
Presentación
10:20
Inicio
10:30

A actividade

Duración
6 horas
Dificultade
Baixa
Embarcación
Ferry/Catamarán con capacidade entre 100 e 150 persoas
Disponibilidade
Tempada alta: 29/06-08/09

Onde

Encontro
Porto de Portonovo (Pontevedra)
42°23'45.2"N 8°49'20.3"W
Porto de Bueu (Pontevedra)
42°19'41.8"N 8°47'15.5"W
Saída
Puerto Club Náutico Portonovo
Chegada
Puerto Club Náutico Portonovo

Operador

Operador
Naviera Nabia
Xestor
VanesaComercial
Teléfono
696 706 178

Solicitar reserva