Este cruceiro permitirá descubrir a Comarca do Ribeiro cos seus famosos e históricos viños a través de rutas náuticas polo río Miño mentres se descansa nun dos seus balnearios de augas termais. A Comarca do Ribeiro é famosa polas súas augas termais que xa se desfrutaban desde época romana. Na actualidade varios balnearios permiten gozar das súas propiedades mineromedicinais. Ademais, nas marxes e proximidade do río Miño están asentadas plantacións de uva do Ribeiro e adegas que ofrecen catas e visitas enoturísticas. Neste entorno poderanse gozar da unión do río, a degustación do viño do Ribeiro mentres se realiza o minicruceiro e do relax e tranquilidade que as augas termais e os seus balnearios nos ofrecen. Este cruceiro ecoenoturístico permite coñecer mellor o nacemento da denominación de orixe de viño máis antiga de Galicia, a segunda de España e unha das de maior traxectoria histórica de Europa. É un cruceiro cen por cen respectuoso co medio ambiente que utiliza unha innovadora embarcación eléctrica, de emisións 0, cuxo impacto en termos de ruído ambiental que afecta á fauna e flora é mínimo e cunha pegada de carbono cero debido a que a emisión de dióxido de carbono do traxecto é cero
Descargar catálogo