As Cíes, alcumadas por Ptolomeo como as Illas dos Deuses", foron territorio de paso do home do Paleolítico e Neolítico, polo que non se chegou a constituír un asentamento ata a Idade do Bronce. Deste período datan o castro de As Hortas, un asentamento amurallado situado na chaira do Monte Faro, e outras estruturas similares no Alto da Campá. O poboado de As Hortas está emprazado nunha chaira de forte pendente e foi inventariado no ano 1992. A súa ubicación, como no resto de castros, responde ás excepcionais condicións de visibilidade e defensa que ofrece o emprazamento. Este espazo posúe unha serie de refuxios naturais, como o coñecido como "altar druídico", con aparencia de cranio e con canais na súa superficie, que moitos interpretaron como unha ara de sacrificios en honra aos deuses."
A ubicación do castro de As Hortas, como no resto de castros, responde ás excepcionais condicións de visibilidade e defensa que ofrece o emprazamento. Este espazo posúe unha serie de refuxios naturais, como o coñecido como altar druídico", con aparencia de cranio e con canais na súa superficie, que moitos interpretaron como unha ara de sacrificios en honra aos deuses. O castro de A Hortas presenta unhas 4 ou 5 vivendas de base cadrangular que incluían portas de dúas follas. Os concheiros (xacementos formados por restos de conchas, ósos, cerámica, etcétera) datados deste período revelan cerámicas primitivas de cor gris, ocre ou anaranxada con decoracións sinxelas
e outras máis evolucionadas e con técnicas de alisado, bruñido e espatulado. Tamén ofrecen un valioso achegamento sobre a alimentación dos primeiros habitantes das Cíes. Estes moradores xa incluían na súa alimentación mariscos e peixes das augas próximas. O achado de ancoras líticas e de restos de cerámica similares aos atopados noutros puntos da península Ibérica apunta a que mantían relacións comerciais con outros pobos, como os fenicios."