Skip to main content

Nautic Destination

Faro Pombeiro ou Pomberiño

Sobre este patrimonio

Faro Pombeiro é unha torre troncocónica branca e verde que se atopa situada no extremo máis occidental da península do Grove, en San Vicente do Grove. Este faro consta dunha lanterna de cor verde cuxo alcance é de 8 millas. Foi construído no ano 1853 coa función de sinalar o paso entre a illa de Sálvora e a península do Grove, marcando así a entrada da ría de Arousa. É unha das sinais marítimas de axuda á navegación na Ría de Arousa, fundamentais para garantir a seguridade marítima dos navegantes debido ao accidentado do litoral onde se atopa situado. A súa función xunto coa das demais sinais marítimas que se atopan na Ría de Arousa é de vital importancia debido ao gran número de navegantes que se atopan nesta zona, posto que unha das principais actividades que se desenvolven na península do Grove é a pesca.Este Faro atópase na Ruta do Mar de Arousa e Ulla, un singular itinerario marítimo e fluvial que percorre a ría de Arousa de sur a norte que conmemora todos os anos a chegada a Galicia por mar do corpo do apóstolo Santiago.Outra das rutas dentro das cales se atopa este faro, é a Ruta dos faros de Galicia, unha ruta por terra que percorre toda a costa de Galicia co obxectivo de visitar os seus faros.

Para saber máis

Faro Pombeiro é unha torre branca e verde situada na costa de San Vicente do Grove cara ao extremo máis occidental da península do Grove. O seu destello é de cor verde e pódese ver ata a 8 millas de distancia da súa posición. Desde 1853 sinala a entrada á ría de Arousa entre a illa de Sálvora e a península do Grove. Debido á súa situación, só se pode acceder a el mediante unha embarcación xa que se atopa dentro da ría de Arousa. A ría de Arousa ten a peculiaridade de ser a ría máis extensa de Galicia, onde desembocan os ríos Ulla e Umia. Grazas a estas características, nas augas desta ría atópanse algúns dos mellores mariscos de Europa como as famosas ameixas de Carril. Esta ría baña a costa de San Vicente, lugar onde se atopa este faro.En un percorrido pola costa de San Vicente comezando por Punta Moreiras, o faro pódese ver desde a zona máis próxima a Porto Meloxo. Seguindo o percorrido pola costa en O Carreiro atópanse as ruínas de Adro Vello e ademais pódese ver a illa de Sálvora desde unha perspectiva moi próxima. Continuando o percorrido pola costa de San Vicente atópase a vila chamada San Vicente do mar, moi coñecida polo atractivo turístico das súas praias e o seu longo paseo costeiro chamado Pedras Negras"."

Para coñecelo mellor

Os faros sempre resultaron moi importantes para todas as persoas que viven do mar. Estas construcións están relacionadas coa navegación, pois xa desde a Antigüidade servían para indicar onde estaba a terra.Un faro dispón dunha torre cunha parte luminosa que se acende e apaga para guiar aos navegantes dos barcos no seu percorrido pola costa. O termo faro provén do grego antigo e fai referencia á torre de sinais.O faro Pombeiro ou tamén coñecido como Faro Pomberiño, está situado no extremo máis occidental da península do Grove, na provincia de Pontevedra, e a súa perfecta localización, permite sinalar o paso entre este municipio e a Illa de Sálvora. O Faro foi construído en 1853 (é dicir, no século XIX) e conta cunha lámpada que, grazas ao seu reflexo de luz verde, logra advertir aos barcos da proximidade da costa.

Galería

Faro Pombeiro ou PomberiñoFaro Pombeiro ou Pomberiño

Localización

Localidade
O Grove
Concello
O Grove
Provincia
Pontevedra
País
España

O ben

Tipo
Faro
Eco-destino
Ría de Arousa
Contorna
Mariño
Relevancia
Rexional

Como chegar

Acceso
Por mar Por terra
Distancia
Porto de Meloxo: 4,54 km

A visita

Visitábel
Só exterior
Interpretación
Non
Accesible
No
Aparcadoiro
No
Sinalizado
Si

Coordenadas

Latitud
42.48166600
Longitud
-8.94638800