Skip to main content

Nautic Destination

Santuario de Berobreo. Castro Facho

Sobre este patrimonio

Con vistas ás illas Cíes, a illa de Ons e a Costa da Vela, o castro do monte do Facho, en Cangas, é un lugar coñecido por albergar un santuario con altares da época romana no que se documentaron máis de cen aras. Neste emprazamento, situado a 184 metros sobre o nivel do mar, atopáronse outros elementos como cerámicas de procedencia mediterránea nun chan de ocupación dunha cabana circular. Atópase moi próximo ao fondeadoiro de Barra, utilizado na antigüidade como porto por navegantes fenicios. Atopáronse numerosos restos de cerámica e anclas anteriores á época romana.

Para saber máis

O lugar acolleu ao longo dos séculos distintas expresións da vida nesta comarca, empezando no século X a. C. cun poboado levantado na ladeira este, que permaneceu ata o século VI a. C., cando xurde o castro galaico, poboado fortificado que subsistirá ata o século I a. C. Del aínda se conservan parte das murallas, o fosso, as pedras que formaban as súas vivendas e que hoxe cobren as ladeiras do monte, os vertedoiros de lixo nas marxes do poboado e a topografía actual do monte, que deriva tanto da construción mesma do poboado como da configuración natural. Posteriormente, un santuario levantado na cumio do monte vai recoller as vellas crenzas dos que viviron no castro, para dotalas ao longo dos séculos II ao IV d.C., dun novo carácter, marcado polo proceso de asimilación da cultura latina na rexión do imperio romano, chamado Gallaecia. Neste santuario venerábase ao Berobreo. Os altares votivos, aras en latín, son os achados máis significativos das escavacións do monte do Facho. Os peregrinos subían á cima do monte para erguer alí a súa ara ou altar, unha columna de pedra labrada, que dedicaban ao deus Berobreo, para pedirlle saúde, como reza a inscrición en latín destes monumentos: Deus lari Berobreo aram posuit pro salute". Eran altares humildes, que na súa maior parte non superaban o metro de altura, aínda que algúns superaban o metro con setenta centímetros. Hai 161 altares, acumulación que motivou a tendencia dos monumentos a ser estreitos e altos, formando o que parecía un ""bosque de aras"". En ningún outro xacemento da península se atopou tal número de aras. Ao final da existencia do santuario, o lugar foi abandonado, as aras foron caendo e amontoándose, ás veces fragmentadas, para permanecer así ata hoxe. O santuario dispoñíase nunha área en pendente que circunda a cumio do monte. Existen restos de columnas que indican a existencia dun edificio, pero ata agora só coñecemos unha disposición ao aire libre de altares que, cravados na terra e en gran número, ocupaban boa parte desa área."

Para coñecelo mellor

O Monte do Facho, situado en Cangas de Morrazo, é un lugar con unhas vistas privilexiadas e moita historia. A palabra facho fai referencia ao lume que prendían imitando un faro para sinalar, deste xeito, a proximidade da costa. Os investigadores e investigadoras atoparon diferentes gravados en pedras que demostran a antigüidade do primeiro asentamento humano neste monte. Debemos retroceder aproximadamente 2.500 anos para facernos unha idea de como foi o primeiro poboado que ocupou as súas ladeiras. Os habitantes de O Morrazo comezaron a construír as súas vivendas na parte alta do monte. Era unha ubicación perfecta pois, desde o alto do Facho, podían divisar as illas Cíes e as de Ons, así como controlar todos os barcos que se achegasen á zona. Subindo cara á cumio, atópanse os restos dun castro galaico-romano de formas irregulares. Chegaron a construír un poboado de unhas 200 edificacións, rodeado por unha muralla interna e outra externa, con altares no seu interior. Anos despois, converteuse nun santuario onde os peregrinos oraban ao Deus Berobreo. Hoxe en día, descubriron 60 vivendas, 174 aras do santuario e restos da época (monedas, cerámica, vidros, metais).

Galería

Santuario de Berobreo. Castro FachoSantuario de Berobreo. Castro FachoSantuario de Berobreo. Castro Facho

Localización

Localidade
Hío
Concello
Cangas
Provincia
Pontevedra
País
España

O ben

Tipo
Castro
Eco-destino
Ría de Vigo
Contorna
Rural
Relevancia
Internacional

Como chegar

Acceso
Por mar Por terra
Distancia
9,9 km

A visita

Visitábel
Si
Accesible
No
Aparcadoiro
No

Coordenadas

Latitud
42.27668300
Longitud
-8.86076500