Skip to main content

Nautic Destination

Templo púnico

Sobre este patrimonio

Un dos achados máis sorprendentes do castro de Punta do Muíño en Vigo é o templo púnico, descuberto durante as obras do Museo do Mar de Galicia. Trátase dunha estrutura rectangular no cuxo interior aparecen tres betilos (obeliscos) de granito pulido cravados no chan, do que sobresaen medio metro. Asociada a esta estrutura aparece unha gran cantidade de cerámica púnica, que deben ser interpretadas como restos de actividades rituais. Betilos deste tipo foron atopados tamén no castro de Toralla. Este templo, similar aos atopados en Andalucía e Levante, tería sido un santuario portuario, que solían escoller os mercadores do Mediterráneo para realizar as súas transaccións. A vantaxe deste tipo de ubicacións era dobre: eran lugares localizables desde o mar e eran máis seguros para as operacións comerciais.

Para saber máis

No nivel que podería datarse a finais do século V a. C. ou inicios do IV a. C, constrúense típicas casas castrexas de pedra e planta circular a partir do século IV a. C. (a tenor dos materiais indíxenas característicos). O lugar continuou desempeñando labores de intercambio entre púnicos e galaicos, segundo proba a cantidade de ánforas púnicas - atopáronse preto de 2.000 fragmentos - ata o seu abandono no século II a. C. ou inicios do seguinte. Tamén se atopou un depósito de seis machados de talón aínda co cono de fundición do Ferro Inicial. Así mesmo, acharon máis de 20.000 fragmentos de pezas, que permitiron identificar un novo tipo de cerámica bautizada co nome de Potiño Alcabre.

Para coñecelo mellor

Profesionais da investigación acharon as bases dun altar púnico no Castro Punta do Muíño do Vento. Trátase dun dos castros máis antigos da cidade de Vigo e está localizado na zona de costa. Todo comezou no ano 2001 cando se estaban a realizar unha serie de obras no Museo do Mar de Vigo. Alí apareceron diversas construcións castrexas de diferentes épocas. As máis antigas datan do ano VI a.C. Ademais, atopáronse os restos dun templo púnico, un recinto sagrado construído por fenicios. Apareceron tres pedras nunha estrutura rectangular e identificáronse como as bases dun altar, necesario para os cultos dunha relixión mediterránea. Grazas a este descubrimento, puido constatarse que os fenicios chegaron a Galicia en busca de materias primas para o seu comercio.

Galería

Templo púnico

Localización

Localidade
Vigo
Concello
Vigo
Provincia
Pontevedra
País
España

O ben

Tipo
Templo
Eco-destino
Ría de Vigo
Contorna
Rural
Relevancia
Internacional

Como chegar

Acceso
Por mar Por terra
Distancia
2,8 km / 6 minutos en coche

A visita

Visitábel
Si
Accesible
Aparcadoiro
Señalizado
Si

Coordenadas

Latitud
42.22436000
Longitud
-8.76997600