Desde 1907 El Gran Hotel La Toja explota as augas e lodos termais con propiedades beneficiosas atopados na illa. Este Hotel, rexentado polo Marqués de Riestra, acolleu ilustres hóspedes como os irmáns Rockefeller, Henry Kissinger, os Reis de España, Ortega y Gasset ou Gabriel García Márquez entre outros.Para salvagardar a distancia entre a península do Grove e a illa construíuse a ponte da Toxa entre 1909 e 1914 e rehabilitada, respectando a súa forma orixinal, na década do 2000. A súa distancia, aínda sendo de menos de 400 metros, supuña un reto para os enxeñeiros, e na época, foi a ponte máis longa de Europa.Inaugurado o 28 de xullo de 1910 e para a ocasión convidaron, para promocionar a El Gran Hotel Balneario, a un grupo de xornalistas ingleses que pasaron en caravana de automóbiles pola ponte. O interese de que viñesen estes xornalistas radicaba no tipo de turista da época procedente maiormente de países do norte.O hotel, deseñado polo ourensán Daniel Vázquez-Gulías Martínez, estaba baseado nas grandes estacións termais do momento de Alemaña ou Francia. Construíronse dous pavillóns, un para os cuartos e outro para o casino, conectado por unha galería. A decoración interior tiña frescos nos salóns e escaleiras. En 1945 reformouse o edificio, case na súa totalidade, derrubando as torres. Só se conservan a escaleira, as fiestras teñen recordos de tempos anteriores e algunhas columnas. As habitacións foron renovadas, pero consérvanse mobles antigos.
A ponte foi construída polo enxeñeiro Sr. González e asistido polos enxeñeiros Sres. Cola e Guirmudia representando á sociedade construtora de Sestao. A obra arquitectónica é de estilo modernista, consta de varios vanos e con esbeltas farolas e presenta en total 35 arcos. A ponte descansa sobre unhas pilas de formigón executadas a modo de palizadas. Segue a tipoloxía das pontes de madeira e a súa cor é branca.A importancia desta ponte radica en que foi a primeira ponte de formigón armado de Galicia, ao principio os veciños non confiaban neste novo material, acostumados a outros materiais como pedra e ladrillos. Pero o resultado foi asombroso e na época foi a ponte europea máis longa construída. En 1841 o botánico Antonio Casares atopara magnesio, sodio, ferro e calcio nas augas da illa. Asegurou que manaban a unha temperatura de 30 e 60 graos centígrados e que serían perfectas para curar enfermidades. O Marqués de Riestra viu unha oportunidade de negocio ao converter este lugar nun balneario. Isto influíu directamente no desenvolvemento do turismo na zona, xa que por aquel entón o turismo termal estaba en auxe en países como Francia e Alemaña e deu paso ao desenvolvemento doutras tipoloxías turísticas como de natureza, náutico ou gastronómico. Os turistas desta época eran persoas pertencentes ás altas esferas que demandaban un turismo de luxo. Así que se crearon co paso do tempo urbanizacións, campos de golf e outros establecementos hoteleiros.Dende o centro do Grove pódese gozar dun paseo marítimo bordeando a ribeira e vendo a ría de Arousa. Coa marea baixa pódense ver como traballan as mariscadoras e segundo a época do ano obsérvanse aves mariñas que buscan refuxio e alimento na ría. Tras cruzar a Ponte da Toxa pódese seguir bordeando a illa cos seus xardíns amplos e verdes, rúas coidadas e alumadas por farolas brancas e descubrir a igrexa de San Sebastián totalmente decorada con cunchas de vieiras.
A Illa da Toxa, coñecida en Galicia como "A illa de Louxo" ou "A illa da Toxa Grande", é unha illa que conta con 47 habitantes. Atópase moi preto da localidade do Grove, capital do municipio co mesmo nome, na provincia de Pontevedra. Para chegar a ela, debemos cruzar unha ponte, ou ben, acceder en barco.A palabra Toja fai referencia a un lugar con lodo ou lodoso