A ruta Xacobea Mar de Arousa e Río Ulla, rememora a chegada ás nosas costas do corpo de Santiago Apóstolo. Esta ruta fluvial percorre 22 municipios pertencentes ás provincias de Pontevedra e A Coruña que ademais son os integrantes do patronato Fundación Ruta Xacobea do mar de Arousa e Ulla. Os portos de Ribeira e O Grove marcan a entrada á Ría de Arousa, polas cuxas augas chegou o apóstolo Santiago desde o porto de Jaffa (Palestina) segundo se desprende de antigas tradicións cristiás e varios textos medievais. O corpo de Santiago navegou ao longo da Ría de Arousa e remontou o Río Ulla ata Padrón, o porto fluvial da cidade romana de Iría Flavia.A ruta está xalonada con 17 obras de arte en pedra constituíndo o único Vía Crucis marítimo do mundo. O ponte romano de Pontecesures, erguese sobre o río Ulla e une as provincias de Pontevedra e A Coruña. Este ponte foi construído segundo algúns historiadores no século I por obra de César Augusto. Este ponte, que no século XII sufriu remodelacións importantes a mans do Mestre Mateo, forma parte do Camiño Portugués a Santiago.A oferta turística, gastronómica e cultural que podemos atopar nas vilas anteriormente descritas e que forman a Ruta Xacobea de Mar de Arousa é amplísima; monumentos relixiosos, pazos, cruceiros, hórreos, muíños, viñedos, praias interminables, rutas de sendeirismo, etc.
Todos os veráns, desde que en 1965 se iniciara o primeiro remontar, os mariñeiros da zona engalanan varias embarcacións para participar na procesión marítimo-fluvial con destino a Pontecesures e Padrón. É a Ruta marítimo-fluvial do Mar de Arousa e Río Ulla que conmemora cada ano, a chegada de Santiago Apóstolo a Galicia.Os 22 municipios que integran a Ruta Xacobea do Mar de Arousa poderían enumerarse da seguinte forma: ao sur da ría, Sanxenxo, Meaño, O Grove, Cambados, Meis, Ribadumia, Vilagarcía de Arousa, A Illa de Arousa, Vilanova de Arousa, Catoira, Valga e Pontecesures, ao norte da ría, Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo, Dodro e, finalmente, o tramo, xa a pé, de Padrón a Santiago de Compostela, Padrón, Rois, Brión, Ames e Santiago de Compostela.A ruta transcorre por impresionantes paisaxes costeiros, praias de soño e unha rica historia etnográfica. Cultivos de viño con fama internacional como o prezado Albariño..., un percorrido cheo de sorpresas como as illas de Ons, Sálvora, Toxa ou a illa de Arousa.Pontecesures pertence á Comarca de Caldas, é un concello independente desde hai só 70 anos. Posúe unha única parroquia, San Xulián, e 13 entidades de poboación. Neste municipio podemos visitar os miradoiros de Piñeiro Manso e de Galiñeiro. Podemos visitar distintos monumentos e esculturas, ademais de cruceiros e igrexas.
A Ruta Xacobea portuguesa en Galicia comeza tradicionalmente en Tui, pasando por O Porriño, Redondela, Pontevedra, Caldas de Reis, Valga, Pontecesures ou Padrón. Nos últimos anos, creáronse variantes do Camiño: o Camiño da Costa, desde A Guarda ata Pontevedra, e o outro Camiño, o Espiritual do Salnés. Este último, sae de Poio e esténdese ata Vilanova de Arousa e, de aí, a Pontecesures.A Ruta Xacobea marítimo-fluvial polo mar de Arousa e o río Ulla, ou tamén coñecida como a Ruta Traslatio, conmemora a chegada por mar a Galicia do corpo do Apóstolo Santiago o Maior, despois do seu martirio en Xerusalén. Segundo a lenda, esta ruta en barco chega aproximadamente ao actual municipio de Padrón guiado por un anxo e por unha estrela.A Fundación Ruta Xacobea Mar de Arousa e Ulla propón en 1963 a Traslatio polo mar de Arousa e o río Ulla e foi declarada de interese cultural e galego pola Xunta de Galicia no ano 1999. Ademais, con esta ruta tamén se expiden as cartillas náuticas necesarias para a obtención do documento institucional traslatio xacobea".Pontecesures é un municipio que se sitúa na provincia de Pontevedra, máis concretamente na comarca de Caldas. Ata 1926 era unha parroquia do veciño concello de Valga.