Skip to main content

Nautic Destination

Porto de Cesantes. Actividade pesqueira

Sobre este patrimonio

Cesantes é unha parroquia da localidade pontevedresa de Redondela. Limita ao norte co concello de Soutomaior, ao leste con Pazos de Borbén, ao sur con Mos e Vigo e ao oeste coa Ría de Vigo. Está situado na enseada de San Simón, aquí desembocan os ríos Alvedosa e Maceiras.De este concello destacan as súas praias, como a de Cesantes, a praia de Punta do Cabo e Arealonga na parroquia de Chapela. O porto de Cesantes está situado na vertente sur da Ría de Vigo, en plena enseada de San Simón, caracterizada polo seu pouco fondo. Ten unhas instalacións construídas recentemente polo Club Náutico Illa de San Simón. Este porto está protexido por un dique, desde onde se chega ao pantalán de recente construción. O pantalán dispón de 6 liñas de atraque, 2 reservadas a barcos da lista 4ª e os 4 restantes protexidos por un acceso restrinxido onde amarran as embarcacións recreativas.Aínda que Redondela medrou grazas á súa ubicación entre Pontevedra e Vigo, a pesca, cunha flota esencialmente de baixura a cal se caracteriza pola captura de peixe de baixa cotización. A súa lonxa está certificada co selo PescadeRías, para a comercialización de bivalvos e cefalópodos. Tamén é importante resaltar a importancia que ten neste sector, o marisqueo de moluscos bivalvos como o seu produto estrela: o choco ou sepia.

Para saber máis

A actividade pesqueira ten no choco, como xa dixemos, unha importancia especial. O choco é símbolo de Redondela e tamén da súa gastronomía e como non podía ser doutro xeito, Redondela celebra a Festa do Choco de Redondela. Esta popular festa celébrase na primeira quincena de maio grazas á Enseada de San Simón e á abundancia desta especie nas súas augas que son capturadas polos propios pescadores do lugar utilizando artes tradicionais como as nasas, coas que chegan a capturar exemplares que poden chegar aos 2 kg.En Redondela tamén se celebra a Festa do Mexillón na primeira ou segunda semana de setembro, nesta ocasión na parroquia de Chapela. O Mexillón cultívase en bateas, unhas instalacións que se atopan diseminadas por toda a Ría de Vigo. Por último, o capítulo de festas gastronómicas péchase cada primeiro domingo de outubro coa Festa da Mazá, unha froita que se cultiva en todo o val do Río Maceiras.Redondela conta coa súa propia historia industrial. Na ribeira sur da enseada de San Simón asentáronse un cargadoiro de metal, unha fábrica de conservas, unha metalurxia e unha fábrica de salgadura de peixe que posteriormente se converteu nunha fábrica de conservas. En Redondela podemos atopar un amplo abano de posibilidades de lecer, e non só relacionados cos seus portos e as súas praias, senón tamén cunha rica historia que se remonta á época megalítica, igrexas, pazos ou o viaduto da liña ferroviaria Vigo-Ourense-Madrid.

Para coñecelo mellor

San Pedro de Cesantes ou Cesantes é unha parroquia do concello pontevedrés de Redondela. Cunha superficie de uns 12 quilómetros cadrados, caracterízase por ser unha área costeira con relevo irregular. Cesantes conta co seu propio porto, lonxa e unha confraría de pescadores, a confraría de San Xoán. O porto pesqueiro de Cesantes dispón de unhas adecuadas e modernas instalacións que se construíron recentemente e unha zona de pantaláns restrinxida para veleiros que non dispoñan de orza abatible. A actividade pesqueira é, como en moitos municipios de Galicia, a principal para a súa economía. De feito, a Confraría de Pescadores de Cesantes puxo en marcha unha ruta turística onde se poderá ver como os pescadores capturan a sardiña, o choco ou os traballos do marisqueo. Redondela é un municipio da provincia de Pontevedra que foi habitado desde tempos inmemoriais. Non en balde, no Monte Penide ou Monte Mirallo e Ventosela atopáronse diferentes restos de dolmens, petróglifos e gravados rupestres que o demostran.

Galería

Porto de Cesantes. Actividade pesqueiraPorto de Cesantes. Actividade pesqueiraPorto de Cesantes. Actividade pesqueira

Localización

Localidade
Redondela
Concello
Redondela
Provincia
Pontevedra
País
España

O ben

Tipo
Porto
Eco-destino
Ría de Vigo
Contorna
Mariño
Relevancia
Rexional

Como chegar

Acceso
Por mar Por terra
Distancia
0 km

A visita

Accesible
No
Aparcadoiro
No
Sinalizado
Si

Coordenadas

Latitud
42.29620500
Longitud
-8.61732000