Ostrea edulis (Linnaeus, 1758), tamén chamada plana ou europea. É un molusco bivalvo da familia das Ostreoida. Ten unha cuncha formada por dúas valvas moi desiguais, na parte exterior a superficie é moi marcada e rugosa. A súa valva dereita superior é plana e a súa valva esquerda, inferior, ten unha forma convexa. A coloración varía entre branco, marrón ou púrpura. O corpo brando está envolto polo manto, que ademais é o órgano formador da cuncha. Ten un músculo adutor que controla o peche das valvas. Durante a súa vida alternan a produción de células sexuais masculinas e femininas. O macho libera os seus gametos ao mar mentres que a femia retén os ovocitos, despois de ser expulsados da gónada, no interior da cavidade paleal, onde son fecundados polos espermatozoides. As larvas resultantes permanecen dentro da cavidade paleal de 7 a 10 días antes de ser expulsadas ao mar. Vive fixa desde a última fase larvaria ata que atopa un sustrato e segrega un fluído cementante para unirse ao mesmo. Se a ostra desprégase non pode volver a fixarse por si mesma. Localízase en sustratos rochosos, fondos de cascallo e colectores feitos polo home. Situadas en augas da zona infralitoral en profundidades que van desde a superficie ata os 80 m. Alimentase de fitoplancto e materia orgánica particulada. Estas algas microscópicas quedan atrapadas nas branquias que pasan á boca con axuda dos palpos labiais, onde son seleccionadas e se non interesan son expulsadas. Poden chegar a filtrar máis de 200 litros de auga ao día. Está considerada como un dos mariscos comestibles máis apreciados, sendo o seu modo máis habitual de consumo frescas e en cru, aínda que admite outras preparacións. O tamaño mínimo permitido é de 60 milímetros. Mídese o eixo dorsoventral. A súa extracción está regulada nos plans de xestión de recursos específicos da Consellería do Mar mediante a recollida a man xa que actualmente a ostra procede do cultivo en batea.
Ostrea edulis (Linnaeus, 1758), tamén chamada plana ou europea. É un molusco bivalvo da familia das Ostreoida. Ten unha cuncha formada por dúas valvas moi desiguais, na parte exterior a superficie é moi marcada e rugosa. A súa valva dereita superior é plana e a súa valva esquerda, inferior, ten unha forma convexa. A coloración varía entre branco, marrón ou púrpura. Ostrea edulis ou ostra plana estendíase por todo o Cantábrico e Galicia, e era moi abundante nesta última. O aumento do consumo e a explotación fóra de control fixo desaparecer moitos bancos de ostra galegos quedando restrinxida a produción nas rías de Vigo e Arousa. Que nos anos 50 se paraliza polo esgotamento dos bancos naturais das rías de Vigo, Arousa e Noia. Durante os anos 70 foi a época de maior produción de ostra en Galicia, e importábase semente procedente de Francia que se engordaba en máis de 300 bateas das rías galegas. A raíz da escaseza da semente de ostra procedente de Francia, e as malas condicións da mesma, os ostricultores comezan a importar sementes doutras zonas, aínda que con moi malos resultados. Actualmente o cultivo desta especie desapareceu e as ostras que se comercializan como ostras galegas proceden de importacións de ostras adultas que se mantiveron un ou dous meses en batea. Se aparecese de novo semente de calidade, a capacidade de produción en Galicia podería ser de varios miles de toneladas ao ano.
A ostra é un molusco bivalvo da familia das Ostreoida que vive a uns 80 metros de profundidade. Pódense atopar unidas ás rochas ou enterradas na area e é un dos produtos galegos que se consumen durante todo o ano. Segundo diferentes investigacións, as ostras xa se consumían na época da prehistoria, pero foron os romanos quen apreciaban máis este molusco. Sólense comer crúas e vivas e sempre foron consideradas manxares do mar. De feito, grazas á súa fama e ao seu sabor exquisito, moitos mercados españois e europeos as demandan. En Galicia hai diferentes festas nas que podemos gozar dunha ración de ostras a bo prezo xunto con empanadas e diferentes comidas típicas da zona. Ademais, son beneficiosas para o noso corpo pois son ricas en minerais e vitaminas.