Skip to main content

Nautic Destination

Oia. Centro histórico. Barrio do Arrabal

Sobre este patrimonio

O barrio do Arrabal xurdiu ao amparo do mosteiro de Santa María de Oia, un pequeno municipio da costa sur de Galicia, na provincia de Pontevedra, no que se poden atopar numerosas mostras do seu rico pasado, como por exemplo o barrio do Arrabal, un conxunto con gran valor histórico e etnográfico onde o visitante pode contemplar diferentes exemplos de edificacións tradicionais galegas. É un lugar para descansar ou relaxarse e gozar da gastronomía local. Polas súas rúas transcorren dúas etapas do Camiño da Costa, o que a converte nunha parada obrigada. A visita complétase cun percorrido que nos conducirá aos pés do Mosteiro de Santa María de Oia e ao porto de Oia desde onde se nos coincide a marea baixa poderemos ver como funcionaba unha trampa para capturar peixes chamada camboa" realizada polos monxes. É moi recomendable realizar o paseo que nos leva desde o Mosteiro de Oia ata Punta Orelluda, poderemos gozar dun percorrido entre leiras de cultivo e pequenas calas. Como curiosidade, poderemos ver unha vella edificación coa inscrición "Casa da Culpa 1810", un lugar onde os veciños retían aos culpables de distintos delitos.O municipio de Oia conta cunha poboación aproximada de 3000 habitantes e ofrece aos seus visitantes 18 km., de costa. Conta con numerosos locais de hostalería onde poderá degustar os produtos da zona.

Para saber máis

A historia de Santa María de Oia está íntimamente unida á do seu Mosteiro. A primeira referencia escrita na que aparece Oia é do ano 1137. Menciónase a concesión dun privilexio do rei Alfonso VII ao Abade do Mosteiro, Don Pedro, ao que premia coa metade das igrexas de Erizana (nome da actual Baiona) e de A Guarda, así como todas as de O Rosal, Loureza, Burgueira, Pedornes e Mougás.Existen relatos sobre ataques piratas, saqueos e expulsións, e outros sobre épocas de esplendor. Ao longo da historia o Mosteiro sufriu distintos cambios de propietarios.Foi alugado por Xesuítas portugueses para fundar un colexio e despois da correspondente labor de restauración do conxunto no ano 1932 foron expulsados de España e o goberno da República nacionalizou todos os seus bens.Sáese que pedras do conxunto, serviron para a construción de casas particulares do barrio do Arrabal; o núcleo de poboación que xurdiu ao amparo do Mosteiro.Durante a guerra civil, o Mosteiro funcionou como cárcere, principalmente de prisioneiros cataláns como o demostran testemuños gráficos nos muros da capela.Por outra banda, á riqueza histórica do conxunto formado polo Mosteiro e o Barrio do Arrabal cabe lembrar que polas súas rúas transcorren 2 etapas do Camiño da Costa do Camiño Portugués.Etapa Oia-Baiona: Lonxitude 18,7 Km e de dificultade baixa Duración estimada 3h 45min, deixamos Oia e continuamos camiño ao pé dos cantís destino Baiona.Etapa: Oia- Silleiro: Lonxitude14 Km e de dificultade baixa Duración estimada 2h 50min, deixamos Oia e continuamos camiño ao pé dos cantís pasando polas inmediacións do faro de Cabo Silleiro.

Para coñecelo mellor

Cerca do Mosteiro de Santa María de Oia, medrou o núcleo do barrio do Arrabal. Esta zona está formada por casas de estilo mariñeiro, con balcóns floridos e pequenos bares que fan que os turistas se queden a pasear e a gozar do municipio. Na praza de Centinela, podemos ver un miradoiro ao porto e o mosteiro que conserva un cruceiro.O barrio ofrece diferentes actividades e obradoiros aos veciños e veciñas de Oia. Valgan como exemplo as sesións de danza ou teatro, cuxo alumnado, tras uns meses de preparación, amosan ao municipio unha obra final.O concello de Oia atópase entre Baiona e A Guarda, na provincia de Pontevedra. Nel, fai moitos anos, construíuse un mosteiro cunha gran igrexa a moi poucos metros do mar que estaba dedicada a Santa María e que, ademais, se converteu no monumento principal do concello

Galería

Oia. Centro histórico. Barrio do ArrabalOia. Centro histórico. Barrio do ArrabalOia. Centro histórico. Barrio do ArrabalOia. Centro histórico. Barrio do ArrabalOia. Centro histórico. Barrio do Arrabal

Localización

Localidade
Oia (Santa Maria)
Concello
Oia
Provincia
Pontevedra
País
España

O ben

Tipo
Casco antigo
Eco-destino
Ría de Vigo
Contorna
Rural
Relevancia
Nacional

Como chegar

Acceso
Por mar Por terra
Distancia
15.700km

A visita

Visitábel
Si
Accesible
No
Aparcadoiro
No

Coordenadas

Latitud
42.00292553
Longitud
-8.87647144