Na illa do medio tamén chamada illa do Faro do arquipélago de Cíes atópanse dous faros, o faro de Cíes e o faro de Porta. En todo o arquipélago existen 4 faros, pero o primeiro en construírse foi o de Cíes en 1852. Os outros tres faros construídos no século XX sinalizan a entrada á ría: Faro do Peito na illa norte, Faro da Porta na illa do medio e Faro dos Bico na illa sur. O faro de Cíes está situado a 171 metros de altura e ten unha torre para a lanterna e dependencias para os fareros empotradas á torre. Realizáronse varias reformas nas dúas estruturas de forma que hoxe son independentes e o faro funciona de forma autónoma a través da enerxía que obtén mediante placas solares.A construción do faro foi precedida por un plan de fortificación da illa a inicios do século XIX o cal tiña por obxectivo repoboar a illa. Mediante este plan de fortificación construíuse un almacén de artillería, un cuartel de carabineiros do reino e unha cárcere próximos á praia de Nuestra Señora. Así grazas a este plan, arredor de 1840, cando as illas dependían da vila de Vigo pouco a pouco foi repoboándose a illa e instalaron dúas fábricas de salgadura: unha na illa Norte onde se atopa actualmente o restaurante Rodas e outra na illa Sur con almacén e peirao de atraque.
No arquipélago de Cíes os restos máis antigos atopados son o poboado de As Hortas" de tipo castrexo-romano na chaira do monte Faro que datan da Idade do Bronce. Os romanos chamaron ás illas "Illas dos Deuses" e conta a lenda de que Xulio César estivo nelas debido a que viña perseguindo por mar aos herminios, un pobo celta do norte de Portugal que se refuxiou nas illas. Debido ao legado romano da cristianización en terras galegas, proliferaron diferentes ordes relixiosas na Idade media. Así no século VI instalaron dous conventos nas illas o de San Estevo na illa do medio e o de San Martiño na illa Sur. Os conventos foron destruídos por ataques normandos ao mando do gran Olaff "O Galego". Posteriormente foron transferidos á orde beneditina en 1152 e aos franciscanos en 1377. Estas ordes mantiñan un réxime feudal coa poboación que alí se instalou e que permaneceu ata metade do século XVI. O abandono eclesiástico das illas foi debido a ataques piratas ata o século XVIII, Idade Moderna. A situación de inseguridade nestes tempos causou o abandono das illas. Levouse a cabo un plan de fortificación no século XIX grazas ao que se repoboaron as illas. A proliferación das conserveiras fixo que a poboación abandonase as illas. A inicios do século XX comezou o interese turístico das illas e pouco a pouco fíxose masivo. Así xurdiu a necesidade de protexelas e en 1980 declarouuse Parque Natural. Posteriormente en 2002 foi declarado Parque Nacional."
As Illas Cíes localízanse na provincia de Pontevedra. Contan con nove praias de area fina branca e augas cristalinas. O Faro das Illas Cíes atópase no Monte do Faro, na Illa do Medio, a máis importante do arquipélago. Este faro foi construído entre 1851 e 1853, construído en granito e dotado de paredes de 13 metros de alto, dous balcóns e unha lanterna. Ao seu carón, atopamos unha vivenda dun só andar, que estivo habitada ata os anos 60 do século pasado. A finais de 2018, a Autoridade Portuaria de Vigo restaurou o Faro das Illas Cíes mellorando, deste xeito, a súa función.Grazas á ruta de sendeirismo, podemos chegar ata esta construción, que se atopa no punto máis alto da illa, a 178 metros de altura sobre o nivel do mar. O faro leva uns 150 anos enviando o seu destello desde a costa.