Skip to main content

Nautic Destination

Illote de Tambo: Lazareto e edificios

Sobre este patrimonio

No centro da Ría de Pontevedra atopámonos coa Illa de Tambo cuxa superficie é de 28 hectáreas. A illa forma parte do termo municipal de Poio e aínda que non pertence a ningunha parroquia en concreto, é a Escola da Armada Naval de Marín quen se ocupa da súa vixilancia, se queremos acceder á illa por mar é necesario pedir permiso ao Ministerio de Defensa. A illa ten forma ovalada e piramidal e está rodeada de árbores, a súa cota máis alta alcánzaa o monte San Facundo con 80 metros de altitude sobre o nivel do mar. Ten unha longa historia e contanse numerosas lendas sobre ela. Ao sur da illa atopámonos cunha pequena península que se a vemos desde terra parece case unha illa, alí atópase o Faro Illa de Tambo. Na parte norte ten dúas praias unidas (Area da Illa e Adreirá) ademais de 3 pequenos embarcadoiros. As augas próximas á illa son coñecidas pola súa gran riqueza marisqueira e piscícola. O Faro Illa de Tambo, tamén coñecido co nome de Faro de Tenlo Chico, ten a súa orixe no ano 1955. Este fermoso Faro ten unha torre de 20 metros revestida de mampostería e pintada para dotala de visibilidade. No século XIX, concretamente no ano 1865, constitúese o lazareto de Tambo, unha edificación creada inicialmente para confinar a tripulantes ou pasaxeiros que puidesen padecer enfermidades contaxiosas. No ano 1879 foi clausurado debido ás protestas recibidas dos pontevedreses, sendo trasladado á illa de San Simón, na ría de Vigo, debido ao auxe da cidade por aquel entón.

Para saber máis

Na illa de Tambo merece especial atención a súa pequena igrexa e a lenda que a acompaña, xa que segundo contan San Fructuoso camiñou desde a illa a Poio, onde fundou o Mosteiro de San Xoán. O Mosteiro illán foi destruído polos ataques do pirata Francis Drake, pero a día de hoxe aínda queda en pé a antiga igrexa monacal dedicada a San Miguel e unha fermosa fonte. Na parte máis alta da illa atopáronse evidencias da existencia dun antigo Castro que data do século VI a.C. Tamén e de forma illada atopáronse distintas pezas arqueolóxicas, como un muíño navicular ou un núcleo de Sílex nas proximidades do faro. A Illa de Tambo achega á xa manifesta beleza da nosa ría un gran valor paisaxístico. Para contemplar a illa o punto máis recomendado é o miradoiro de Punta Samieira, no concello de Poio. Desde este miradoiro, ademais da illa de Tambo, podemos obter unhas espectaculares vistas da ría de Pontevedra cos seus polígonos de bateas, Marín, Bueu e parte do concello de Poio. Dado que a Illa de Tambo se atopa na Ría de Arousa, ademais de natureza os visitantes dispoñen doutras opcións de lecer como por exemplo, o mosteiro de San Xoán, a vila mariñeira de Combarro declarada conxunto artístico de carácter nacional e como non..., a súa rica e variada gastronomía e viños de fama internacional. Por se fose pouco, a visita complétase cunha gran variedade de praias de area branca e augas cristalinas.

Para coñecelo mellor

No medio da Ría de Pontevedra, entre o municipio de Marín e o de Poio, atopamos unha pequena illa coñecida como Illa de Tambo. De forma ovalada, atópase totalmente cuberta de árbores, principalmente, de eucaliptos. Ocupa unhas 28 hectáreas e o seu punto máis alto atópase no monte San Facundo, que alcanza os 80 metros de altura e é onde podemos gozar de unhas fermosas vistas de toda a ría. Ademais, a illa conta co faro de Tenlo e con dúas praias unidas, Area da Illa e A Dreidá. Durante o século XIX, nesta illa formouse un lazareto; ou o que é o mesmo, un hospital para tratar a pasaxeiros ou tripulantes que chegaban ao Porto de Marín con certas enfermidades infecciosas. Este espazo funcionou ata 1879, ano no que foi trasladado á illa de San Simón, na ría de Vigo. Coa chegada da escola naval a Marín, a illa convértese nun almacén de pólvora e mesmo na década dos 50, intentouse construír unha pista de aterraxe para avións militares. Non obstante, a día de hoxe, atópase desmilitarizada.

Galería

Illote de Tambo: Lazareto e edificios

Localización

Localidade
Poio
Concello
Poio
Provincia
Pontevedra
País
España

O ben

Tipo
Illa
Eco-destino
Ría de Pontevedra
Contorna
Natural
Relevancia
Nacional

Como chegar

Acceso
Por mar Por terra
Distancia
0 km

A visita

Visitábel
Permitido o baño: Si.Navegación e fondeo: Si
Accesible
Aparcadoiro
No

Coordenadas

Latitud
42.413242
Longitud
-8.709278