Skip to main content

Nautic Destination

Pontevedra. Ponte das Correntes. Ponte do Burgo. Ponte dos tirantes

Sobre este patrimonio

Pontevedra é a cidade das pontes, as pontes son símbolos de proximidade e de unión. Todas elas son de gran relevancia, pero imos destacar tres delas. A ponte das correntes, a do Burgo e a dos tirantes.

A ponte das correntes atópase situada entre a beira sur e norte do río Lérez, abriu ao tráfico no ano 2012. É o sétimo viaduto que une ambas marxes do río (descontando as pasarelas peonís e as do ferrocarril), está especialmente deseñada para facilitar o tráfico de vehículos a motor, camiñantes e ciclistas grazas a dúas pasarelas peonís. Un paseo para realizar ao chegar á cidade de Pontevedra e cruzar o río Lérez e poder gozar de unhas vistas espectaculares.

A ponte do Burgo é a primeira ponte que uniu as dúas marxes do río Lérez, foi construída polos romanos converténdose nunha das súas principais vías de comunicación: a vía romana XIX. É o quilómetro cero da historia de Pontevedra.

No século XII reconstruíuse. Está formada por once arcos rebaixados de medio punto e realizada en sillería medieval, debido a ampliacións posteriores foi modificada. Forma parte do paso obrigado do Camiño Portugués cara á cidade de Santiago de Compostela.

A ponte dos tirantes figura entre as trinta e tres máis singulares de España e entre as vinte e dúas máis consideradas do último século. Foi aberta en 1995 e obra de Leonardo Fernández Troyano e Javier Manterola, dous grandes enxeñeiros asociados ao estudo Fernández Casado, estes enxeñeiros converteron as pontes en obras de arte por toda a Península. Esta ponte representa a mellor imaxe da Pontevedra do século XX.

Para saber máis

A ponte das Correntes é a sétima ponte sobre o río Lérez na cidade de Pontevedra e foi financiada entre a Consellería de Política Territorial e o Concello de Pontevedra. É unha ponte moi interesante, chama a atención, sobre todo cando se chega a Pontevedra por autoestrada. Está ao lado do porto deportivo e conta con 4 carrís e un moderno deseño.

A ponte do Burgo forma parte da historia de Pontevedra. Os seus vellos restos romanos deron nome á vila e hoxe non só é un dos símbolos da cidade, senón tamén o seu emblema heráldico.

A primitiva ponte foi construída polas tropas romanas para salvar o leito do río Lérez nunha das súas principais rutas de comunicación terrestre. Pouco ou nada se coñece sobre a antiga ponte. Ninguén puido establecer con exactitude a súa situación, dimensión ou configuración. Mentres durou o imperio romano, mantívose a infraestrutura de comunicación uns cantos séculos máis. A ponte dos tirantes é a ponte urbana de Pontevedra, inaugurada no ano 1995, permitiu unir os dous extremos do río Lérez, mellorando as comunicacións e o tráfico fluído en toda a cidade. Foi seleccionada polo Ministerio de Fomento na listaxe de "Os 33 pontes máis singulares de España"

Para coñecelo mellor

Agás o casco antigo, en Pontevedra destacan as diferentes pontes que mostra a cidade enriba do Río Lérez. Cada unha delas conta co seu propio estilo. Inaugurado no ano 2012, o de As Correntes é unha ponte moderna, a sétima da cidade e dá servizo tanto ao tráfico como aos peóns e ciclistas.

A do Burgo é paso obrigado do Camiño de Santiago e foi a primeira que uniu as dúas marxes do río Lérez en Pontevedra. De época romana e reconstruída no século XII, está formada por once arcos de medio punto.

Por outra banda, a ponte dos tirantes, inaugurada en 1995 que tamén permite unir os dous extremos do río Lérez. Esta ponte foi seleccionada polo Ministerio de Fomento para estar dentro da listaxe de "Os 33 pontes máis singulares de España".

Situada ao noroeste da Península Ibérica, Pontevedra é unha cidade administrativa, monumental, turística e de servizo. Urbe de arte e historia, conta cunha zona monumental que, tras a de Santiago de Compostela, se posiciona como a máis importante de Galicia.

Galería

Pontevedra. Ponte das Correntes. Ponte do Burgo. Ponte dos tirantesPontevedra. Ponte das Correntes. Ponte do Burgo. Ponte dos tirantes

Localización

Localidade
Pontevedra
Concello
Pontevedra
Provincia
Pontevedra
País
España

O ben

Tipo
Ponte
Eco-destino
Ría de Pontevedra
Contorna
Urbano
Relevancia
Internacional

Como chegar

Acceso
Por mar Por terra
Distancia
0,080km

A visita

Visitábel
Si
Accesible
Aparcadoiro
No

Coordenadas

Latitud
42.43589900
Longitud
-8.64397300