Skip to main content

Nautic Destination

Poio. Casa Museo Cristóbal Colón

Sobre este patrimonio

A casa museo Cristóbal Colón está situada no lugar de Portosanto e tamén é coñecida como A Casa da Cruz. Situada fronte ao estaleiro no que foi construída a nao Santa María (tamén renomeada como a galega) que participou na expedición ás Indias en 1492. A tese que sostén que Cristóbal Colón era de orixe galega é unha teoría que se vén mantendo no tempo desde hai máis de 100 anos. A casa é sede da Asociación Cristóbal Colón Galego - Celso García de la Riega" e nela ademais de documentos e probas que apoian a orixe galega de Cristóbal Colón, realízanse exposicións e conferencias. Ao pé da porta da Casa da Cruz, atópase un cruceiro cunha inscrición que di "Juan Colón R" 1490. Documentación da época demostra a existencia dunha familia apelidada Colón na casa e que ademais eran navegantes. Estas evidencias e outras máis, sosteñen a teoría de Celso García de la Riega e outros estudiosos e historiadores de que o descubridor de América era galego. A visita á casa-museo permitirache coñecer, ademais, outras curiosidades sobre Poio. Para completar a visita dispós de distintas alternativas, xa que Poio está situado na Ría de Pontevedra e de todas as vantaxes de pertencer ás Rías Baixas galegas. Mosteiro de San Xoán, a vila mariñeira de Combarro, praias e unha elaborada gastronomía"

Para saber máis

O municipio de Poio está situado na provincia de Pontevedra, as súas costas pertencen á Ría de Arousa. Ten como concellos veciños a Pontevedra, Sanxenxo, Meis e Meaño. Turísticamente é coñecido polas súas praias, restaurantes, piñeirais e tamén pola súa oferta patrimonial e cultural. É imprescindible visitar o Mosteiro de San Xoán, declarado monumento nacional en 1971. A Poio pertence Combarro, unha vila mariñeira tradicional de obrigada visita que foi declarada conxunto histórico xa en 1972. Poderás visitar os seus hórreos e as súas casas mariñeiras. Tamén é de obrigada visita a praia de Raxo e a gran praia de Laño. Pero voltando ao tema que nos ocupa, Cristóbal Colón e a súa orixe, foi un navegante e cartógrafo de orixe digamos que incerta, (italiano, portugués ou español) que estivo ao servizo da Coroa de Castilla e é famoso como por todos é coñecido polo descubrimento de América no ano 1492. Este fito propiciou a expansión mundial de Europa e a súa colonización por parte dos países dominantes daquela en Europa. Certos documentos atopados nos arquivos de Pontevedra, ademais doutros que constataban que unha gran cantidade de persoas apelidadas Colón e ás que se lles relacionou con familiares do descubridor. Este feito e outros, recollidos ata a actualidade fan que para algúns a auténtica cuna de Colón fose Galicia.

Para coñecelo mellor

Na praza de Cristóbal Colón de Poio, podemos visitar o Museo Cristóbal Colón. Grazas a diferentes maquetas, pantallas, vídeos e materiais, podemos aprender sobre este personaxe histórico e verificar a teoría do nacemento de Colón no propio municipio de Poio. Con anterioridade, esta propiedade era coñecida como A Casa da Cruz. A documentación que hai no museo demostra que nela viviu unha familia de navegantes apelidada Colón, así como a inscrición que existe no cruceiro que se atopa ao pé da porta "Juan Colón R" 1490. Poio é un municipio situado no centro da provincia de Pontevedra. Cunha superficie de uns 34 km² está dividido en cinco parroquias: San Salvador, San Xoán, Combarro, Samieira e Raxó. O municipio pontevedrés de Poio conta con varios puntos de interese nos que se poden ver diferentes paisaxes. Entre eles podemos mencionar o mosteiro de Poio -datado do século VII, que é onde se atopa a biblioteca do mosteiro con máis de 100.000 pezas e o Museo dos Mosaicos-

Galería

Poio. Casa Museo Cristóbal ColónPoio. Casa Museo Cristóbal Colón

Localización

Localidade
Si
Concello
Poio
Provincia
Pontevedra
País
España

O ben

Tipo
Museo
Eco-destino
Ría de Pontevedra
Contorna
o conxunto histórico-artístico de Combarro, que é unha das maiores agrupacións de hórreos de Galicia, e o porto deportivo de Combarro, onde se pode apreciar un auténtico barrio tradicional mariñeiro e pesqueiro de Galicia."
Relevancia
Casa Museo Cristóbal Colón

Como chegar

Acceso
Por terra
Distancia
1.250km

A visita

Visitábel
Si
Accesible
Aparcadoiro
No

Coordenadas

Latitud
42.43050900
Longitud
-8.65804700