A Escola Naval Militar de Marín xorde da necesidade de protexer as posesións de ultramar e o tráfico comercial que se xeraban con toda a península. O rei Felipe V era consciente de que se necesitaba unha armada poderosa para tamén de homes capaces e preparados para dirixir dita armada. Corría o ano 1717 cando se fundou en Cádiz a Academia de Gardas Mariñas, a institución cambia de sedes ao longo dos anos e non é ata 1938 cando se decidiu o traslado a Marín, a súa elección débese ás condicións idóneas da ría para as prácticas de navegación. Ao rematar a guerra iniciáronse as obras na Escola de Tiro Naval, que acabaría transformándose na actual Escola Naval Militar, inaugurada o 15 de agosto de 1943. O museo naval contou desde a súa fundación coas grandes achegas realizadas polas irmás Mendoza Babiano (sobriñas netas de Méndez Núñez), da Sociedade Arqueolóxica, do Gremio de Mareantes e ás doazóns de Casto Sampedro e demais benefactores que quixeron que Pontevedra recordase a súa comunión co mar. Vellas maquetas de famosas embarcacións, documentos, libros, óleos, gravados, mobles, instrumentos de navegación, bandeiras, armas, vestixios de barcos afundidos, fotografías, condecoracións, uniformes e outras pertenzas persoais, obxectos e recordos exóticos de terras moi lonxanas, noutro tempo españolas.
A xa coñecida necesidade de Felipe V de contar cunha Armada capaz de garantir o tráfico marítimo. Levou a Patiño a crear unha academia de Gardas Mariños. Como tamén mencionamos a súa primeira ubicación foi Cádiz. A entrada á Academia estaba reservada á nobreza, aínda que esta norma non era absolutamente ríxida xa que se abría unha vía de forma excepcional para mariñeiros de valía contrastada, aínda que non fosen de sangue nobre. Esta esixencia quedou anulada en 1824. Estudiábase unha parte teórica e outra práctica nos buques. Era necesario ademais para ingresar superar un exame das catro regras e non exceder a idade de 18 anos, cousa que en máis dunha ocasión se pasou por alto. Temos que ter en conta que, nesta época, o imperio dos Borbóns (1713-1806) con Felipe V como rei da casa, viu abocado a renunciar aos seus territorios europeos, pero mantivo o imperio de ultramar. España converteu a Cádiz no único porto de comercio coas Américas. Había rutas regulares entre Cádiz, La Habana e Puerto Rico e máis longas con Río de la Plata. No museo pódense visitar distintas salas relacionadas coa Mariña que farán que a visita sexa do máis interesante como son a Sala dos orixes da Mariña, a Sala de Mariños e Navegantes, A Sala de Méndez Núñez e a representación da Cámara da Fragata Numancia. O museo de Pontevedra atópase no edificio Fernández López Pasantería, 2 12 na cidade de Pontevedra.
O concello pontevedrés de Marín está directamente relacionado co mar desde hai xa moitos anos. En 1943, trasládase a este municipio a Escola Naval Militar, que se ubicaba anteriormente en Cádiz. A partir deste momento, Marín converteuse nun dos destinos preferentes para as persoas que querían formarse para ser futuros oficiais da Armada Española. Neste centro docente, os oficiais reciben formación moral, militar, mariñeira, científica e técnica para levar a cabo nos buques. De feito, Súa Maxestade o Rei Felipe VI e o seu pai, o Rei emérito Juan Carlos I, realizaron parte da súa formación militar nesta escola. Marín era coñecido como San Xiao de Ancorados debido aos barcos que fondeaban ao seu redor. Este municipio mariñeiro pertence e localízase na Ría de Pontevedra, na zona coñecida como Rías Baixas. Grazas á súa situación, o porto de Marín conta con produtos mariños de calidade como cigalas, linguados, robalizas, rodaballos, chocos, polbos, sardiñas, centolas, nécoras ou ameixas, entre outros.