O Faro do Morro da Carabassa é un faro situado nunha punta de terra que sobresae xunto a un cantil. Ofrece vistas do horizonte mariño, onde se poden ver os barcos que chegan e saen do porto.
Está situado en Porto Cristo, na costa leste de Mallorca, dentro do municipio de Manacor, Mallorca, que recibe o seu nome polo desembarco dunha embarcación cun Cristo que no medio dunha tormenta prometeron doar o Cristo e a virxe se sobrevivían. Desde o faro véxese o Porto Cristo e o seu porto. O lugar está próximo a unha torre que servía de vixilancia para avisar da chegada de piratas á costa. No escudo deste pobo aparece a torre.
Esta baliza, de estrutura cilíndrica branca con franxas negras, ten unha altura de soporte de 6 metros e un plano focal a 20 metros sobre o nivel do mar. Emite unha luz branca cun alcance nominal nocturno de 7 millas náuticas, cunha característica de destello de 0,5 segundos seguido dun eclipse de 4,5 segundos, nun ciclo total de 5 segundos.