O Cruceiro de Hío foi esculpido por José Cerviño e conta simbolicamente e de maneira dramática momentos significativos da cristiandade, desde a creación ata a redención. Utilizando a iconografía do barroco, o propio simbolismo das figuras está discutido.
A súa data de creación foi en 1872 e está dividido en tres grandes bloques de pedra. No primeiro represéntase a Adán e Eva consumando o pecado orixinal, no segundo e correspondente ao fuste coa imaxe da Inmaculada Concepción e para finalizar cunha representación da baixada de Cristo da cruz.
O cruceiro de Hío está considerado como un dos cruceiros máis importantes de Galicia. Cabe destacar que practicamente se elaborou cunha soa peza de granito. Para visitalo deberemos chegar ata a praza da Igrexa de San Andrés na parroquia de Hío e se o visitante quere gozar ademais da famosa Danza de San Roque, que se baila xusto no atrio parroquial fronte ao famoso cruceiro, reserva esta data: O 16 de agosto.
Ademais da súa historia e dos seus monumentos, Hío é fonte de natureza agreste. É imprescindible visitar os cantís da Costa da Vela ata Cabo do Home, o parque natural de Dunas de Barra. Se somos dos que non necesitamos escusas para comezar a andar, a ruta a pé polo camiño que nos leva ao monte do Facho permitiránnos contemplar as Illas Cíes e Ons desde un paraxe sorprendente.
O cruceiro máis antigo de Galicia data do século XIV e está ubicado no municipio de Melide, na provincia da Coruña, polo contrario, o cruceiro máis famoso, é o que nos ocupa, e como xa sabes está en Hío, Cangas, xunto á igrexa de San Andrés.
No caso concreto do cruceiro de Hío, a escena principal é o descendemento da Cruz e na recreación pódese apreciar con toda claridade. Neste cruceiro aparecen ata 30 personaxes. Existen cruceiros de varias clases e clasifícanse en cruceiros de termo, de parada, de encrucillada, devocionais e penitenciais.
Os cruceiros son unha das señas de identidade da paisaxe galega, erguense en cruces de camiños ou preto de edificacións relixiosas, ben sexan, igrexas, ermidas ou cemiterios. En Galicia contabilízanse ata 12.000 cruceiros polo que se facemos caso a Castelao os galegos en canto a pecados non estamos nada mal xa que dicía que cada cruceiro era un perdón do ceo". Tamén se di que os cruceiros estaban para protexer aos viaxeiros polo que, se vés a Galicia, a protección está incluída igual que as opcións de lecer.
A súa proximidade ao Parque Nacional Illas Atlánticas, as Illas Cíes e Ons, os cantís da Costa da Vela, as Dunas de Barra son argumentos máis que suficientes para que este peculiar destino teña un lugar preferente na túa próxima escapada.
Hío é unha parroquia dentro do municipio de Cangas, situada moi preto das Illas Cíes e das Illas Ons (Parque Nacional das Illas Atlánticas). Esta ubicación fai que ofreza unhas vistas espectaculares, pois está rodeada de mar, do Océano Atlántico ao oeste, norte e sur, e da Ría de Aldán ao leste.
Un dos seus monumentos máis importantes é o Cruceiro de Hío. De feito, está considerado como o máis relevante de toda Galicia. Os cruceiros eran obras construídas por mestres artesáns e estaban situados nos atrios das igrexas, entradas de cemiterios ou cruces de camiños co fin de santificar os diferentes espazos. O Cruceiro de Hío foi obra do mestre Cerviño durante o ano 1872. Esta construción parte desde o chan cunha escaleira á que lle segue unha ara. Nela, aséntase a estrutura principal da obra: base, fuste e cruz. Na parte alta dunha columna, atópase un anxeliño que leva na man un pergamiño no que se pode ler: "Limosnas para o santísimo Cristo da Luz 1872". Cangas é un municipio da provincia de Pontevedra que pertence á comarca do Morrazo. Está formado por cinco parroquias: Aldán, Cangas, Coiro, Darbo e Hío.