Skip to main content

Nautic Destination

Bocana da baía de Pasaia

Sobre este patrimonio

A bocana da baía de Pasaia constitúe un estreito canal que dá acceso ao porto.

Para saber máis

A bocana da baía de Pasaia constitúe un estreito canal que dá acceso ao porto. As necesidades do tráfico naval impediron a intensa ocupación, urbanización e industrialización acontecida no resto das ribeiras da baía. Iso permitiu a conservación das características naturais da baía, así como de interesantes elementos patrimoniais xurdidos ao longo da súa dilatada historia portuaria e que noutras partes da baía se perderon. Este interesante conxunto patrimonial arrinca xa na mesma embocadura do canal, no seu promontorio occidental ergueuse o faro da Plata (1855). No promontorio oriental son aínda visibles os cimentos da antiga atalaia de Donibane, desde onde se daba aviso no pasado da presenza de corsarios inimigos, baleas ou de barcos que precisaban ser remolcados ao porto.

Localización

Concello
Pasaia
Provincia
Gipuzkoa
País
España

O ben

Eco-destino
Bidasoa – Donostia
Contorna
Urbano
Relevancia
Internacional

Como chegar

Acceso
Por terra

A visita

Visitábel
Si

Coordenadas

Latitud
43.33534
Longitud
-1.92927