Para saber máis
Edificio de orixe románica, con reformas ao longo da historia, presenta planta e presbiterio rectangular.
No lado dereito deste engadiuse a sacristía, de pequenas dimensións, e aos lados da capela maior hai dúas capelas laterais.
Muros de mampostería e sillería de granito, e cuberta de tella a dúas augas. No muro sur do presbiterio conserva unha xanela románica de medio punto.
Capiteis con motivos vexetais, frontis sinxelo, con portada adintelada e espadaña de dous vanos, o superior rematado en florón.
No interior, arco triunfal de medio punto; dúas lápidas sepulcrais e pedra de armas coa data de 1619 no presbiterio.