O acuario de O Grove está situado en Punta Moreiras na Península de O Grove, é o único acuario de Pontevedra e principal centro de interpretación das Rías Baixas. Foi construído no ano 1997 e posteriormente reformouse e abriu as súas portas de novo no ano 2011. A súa misión principal é contribuír de forma activa á conservación do medio mariño e a súa biodiversidade e para iso cumpren tres obxectivos primordiais: conservación, educación e investigación. A intención é que non se visite o acuario só para ver os peixes, senón para descubrir os animais no seu entorno, os seus hábitos e as súas interaccións co resto de animais. Así que nel están representados os ecosistemas mariños que se poden atopar nas Rías Baixas. Conta con unhas 100 especies distintas e uns 1000 individuos repartidos en 28 tanques que lucen con nomes comúns na costa como ría de Muros e Noia, de Ortigueira, Fisterra, Bao, Cíes, ou Illa de Sálvora. Neles hai especies como o sargo (Diplodus sargus sargus), a morena (Muraena sp.) ou o besugo (Pagellus bogaraveo). Incluso dedicaron un espazo especial para a recreación dunha batea, cuxas cordas penduran mexillóns (Mytillus sp.) e ostras (Ostrea sp.). Tamén se pode ver crías de raias (Raja sp.), e pintarroxas (Scyliorhinus canicula) que están criando en catividade. O tanque máis grande é o Ocean e nel atópase o Tiburón touro (Carcharinus Taurus), Peixes limón, (Seriola dumereli), ou Musolas, (Mustelus asterias). Conta tamén cun tanque que se chama "Toca-Toca" no que o visitante pode coller coa man caramuxos (Littorina sp.) ou ourizos do mar (Echinoidea sp.).
As especies presentadas no acuario divídense en especies de auga fría, cálida e auga doce. Presentan actividades como visitas para individuais dunha hora de duración cun percorrido polos acuarios que representan a flora e fauna das costas galegas e os mares tropicais. Onde os visitantes poden facer o percorrido guiándose a través dos paneis explicativos e coñecer as características das diferentes especies do ecosistema. Outras das actividades son só para grupos, onde se realizan obradoiros de nós mariñeiros, pack combinado acuario e viaxe en catamarán pola ría de Arousa e packs combinados con viaxes ás illas do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Tamén realizan aniversarios con visita guiada, merenda e busca do tesouro. Nas inmediacións do acuario atópase o Centro de Interpretación da pesca e a salga (CIPES) que é un conxunto de espazos, un deles ao aire libre, onde se explica o proceso da salga do peixe desde finais do século XVIII e durante o século XIX. A nave principal alberga unha exposición permanente de carácter etnográfico sobre as artes de pesca e a historia mariñeira de O Grove. Por detrás do acuario transcorre unha ruta denominada "Conxunto escultórico de Punta Moreiras". É unha senda de 5,6 quilómetros de dificultade baixa que se inicia na enseada Punta Moreiras e finaliza na Enseada de Porto Meloxo. Ao longo desta senda véñense un conxunto de 42 esculturas integrada por sereas, figuras humanas, peixes, corvoiros ou mamíferos mariños cuxo obxectivo é a posta en valor, difusión e promoción da cultura mariñeira.
Como xa sabemos, un acuario é un lugar destinado á exhibición de animais acuáticos vivos. O Acuario de O Grove, situado na provincia de Pontevedra, foi reinaugurado no ano 2011 e ten como principal misión dar a coñecer a vida mariña, así como a conservación, educación e investigación da mesma. Nel, atópanse ecosistemas mariños que podemos atopar nas nosas costas galegas, máis especificamente nas Rías Baixas, así como especies tropicais. Dispón de arredor dun cento de especies distintas e arredor de 1.000 individuos vivindo nos seus 28 tanques. Neles, podemos atopar ovos de pintarroxa e de raia, os famosos peixe payaso e peixe bolboreta de focio longo, cabaliños de mar, sargos, medusas, polbos, así como unha cría de tiburón pintarroxa. Ademais, é o único acuario de España que ten tiburóns cazón ou, tamén coñecidos como tiburón vitamínico de uns 2 metros de longo e 45 quilos.