Para saber máis
Coa construción de embarcacións históricas como actividade principal, Albaola Itsas Kultur Faktoria, situada en Pasai San Pedro (Pasaia, Gipuzkoa), é un espazo innovador onde se recupera e pon en valor a tecnoloxía marítima artesanal. A Faktoría está aberta ao público e caracterízase polo seu dinamismo, pola diversidade das súas actividades e pola súa proxección internacional.