O Bosque Encantado, que así é como o coñecen os veciños do lugar, ou Finca de Frendoal, está situado na parroquia de Aldán, e pertence ao concello de Cangas, na comarca do Morrazo. Esta finca foi doada ao concello de Cangas polos Condes de Canalexas. Originalmente a finca formaba parte da finca coñecida como Casa Torre de Aldán que posteriormente quedou dividida pola construción da estrada que une Cangas con Bueu. Esta finca foi utilizada como lugar de lecer dos Condes e os seus invitados. Para chegar debemos tomar a estrada PO-315 que vai de Aldán a Moaña e no km 109 hai unha desviación que nos levará ata unha pequena ponte medieval e un lavadoiro rústico chamado Lavadoiro das Pardellas, onde se atopa a entrada ao bosque. O Bosque Encantado construíuse na década dos 60 pero nunca chegou a rematarse o que hoxe en día e cuberto de musgos, enredadeiras e outra vexetación lle dá un aspecto máxico ao parque desde o traxecto inicial xa que o sendeiro para chegar discorre entre carballos, castiñeiros, bidueiros, pegados ao río Orxas que acabará desembocando na ría de Aldán tras pasar por debaixo da ponte medieval. O río Orxas, regálanos tamén a Ruta dos Muíños, un paseo agradable baixo a sombra de grandes árbores que nos levará muíño tras muíño a percorrer os sendeiros que se utilizaban antigamente para chegar ata os muíños nos que se moían os cereais.
Aldán é unha vila que pertence ao Concello de Cangas, na provincia de Pontevedra. É un destino máis que recomendable e no que ao longo da visita poderá contemplar vivendas típicas e hórreos centenarios como mostra e testemuño da rica arquitectura popular galega. Está bañado pola fermosa e moitas veces descoñecida ría de Aldán, na que desemboca o río Orxas que como xa indicamos serve de fío condutor nas visitas ao Monte Encantado e á Ruta dos Muíños. As praias de Aldán son de augas cristalinas e os seus areais de areas brancas e suaves. Menduiña, Francón, San Cibrán ou Areabrava agárdanche. Aldán conta tamén con patrimonio monumental, como o Pazo da Torre de Aldán, unha propiedade privada non visitable integrada no núcleo urbano de Aldán. A fachada conta cunha torre con almenas e pináculos, tamén posúe escudo de armas e unha finca de mediana extensión dedicada ao cultivo. Aldán ten igrexa propia, trátase da igrexa de San Cibrán, un edificio neoclásico datado en 1866 levantado no mesmo lugar que ocupou un templo anterior do século XVI. Ten planta lonxitudinal e os muros son de sillares de granito. A súa fachada aparece presidida pola imaxe do patrón da parroquia, San Cibrán. Tamén destaca a gran torre de dous corpos en balaustradas que alberga o campanario.
Cangas é un municipio da provincia de Pontevedra que pertence á comarca do Morrazo. Está formado por cinco parroquias: Aldán, Cangas, Coiro, Darbo e Hío. A localidade de Aldán sitúase no extremo da península do Morrazo e conta cun río principal, chamado río Orxas, que cruza gran parte do seu territorio. Dito río ten o seu nacemento en Castiñeiras, en Beluso, e desemboca finalmente na ría de Aldán. Un dos lugares máis visitados e máis interesantes do municipio de Aldán é o seu Bosque Encantado. Trátase dun lugar misterioso e máxico, con moitas lendas e tradicións da época medieval. Neste monte atópase na coñecida como Finca do Frendoal ou Casa do Conde, pois anteriormente era propiedade dos Condes de Canalejas. Dita finca servía para a familia de Condes para o descanso e a caza e, durante o século XX, estivo unida á finca do Pazo-Torre de Aldán, se ben quedaron separadas cando se realizou a estrada de Cangas-Bueu. No bosque podemos atopar gran variedade de flora, como carballos, castiñeiros, nocedeiras, arbustos ou loureiros, entre outros. Ademais, pódense ver diferentes construcións como o castelo de Frendoal, que conta cunha ponte levadiza, un antigo campo de croquet dos anos 60 e bancos. Por outra banda, pódese realizar unha ruta moi interesante pasando polo Bosque Encantado, que é coñecida como a ruta dos Muíños. Basease en seguir o curso do río Orxas onde poderemos atopar diferentes muíños de auga.