O Balneario de Laias está situado na parroquia ourensá de Cenlle, pertencente á provincia de Ourense, trátase dunha das instalacións termais máis importantes de Galicia. Foi construído no ano 2001, atópase nun lugar de tradición termal desde a época romana. Ten un caudal aproximado de 430 litros por minuto, as súas augas emerxen da terra a máis de 50 graos. A súa mineralización media fainas recomendables para enfermidades relacionadas cos ósos e a pel. Son augas que se poden usar para baños, chorros ou mesmo para inhalacións. A súa composición é de mineralización media, fluoradas, litinadas e bicarbonatadas. Laias tamén destaca pola súa antiga igrexa parroquial, está dedicada a Santa Baia (Olaia ou Eulalia), foi construída no século XI e conserva aínda algúns restos das súas orixes románicas. Foi modificada varias veces ao longo dos séculos, deixou de funcionar como templo parroquial no ano 1971 (afectada polo encoro), momento no que a celebración de misas trasladouse a outra igrexa máis moderna situada xunto á estrada xeral. Na actualidade as portas abren para algunha voda e para a celebración da procesión de San Bieito que ten lugar o 11 de xullo. Moi preto de Laias atópase a localidade de Razamonde. Aquí, non podemos deixar de visitar a igrexa románica de Santa María de Razamonde, unha visita obrigada á que se pode chegar por unha ruta de sendeirismo que une ambas localidades.
O Balneario de Laias, é un dos máis importantes de Galicia, pertence á cadea Caldaria e foi construído no ano 2001. A súa localización non é casual, xa que desde época romana (ou mesmo antes) as augas quentes que nacen neste lugar foron moi apreciadas e utilizadas tanto para fins medicinais como por simple diversión. Durante a época medieval, era habitual a visita de reis e bispos, estendéndose pouco a pouco a fama do lugar, incluso máis alá dos límites de Galicia. Así, Laias foi converténdose nun destino habitual de vacacións para moitas familias, sobre todo a partir do século XVIII, supoñendo a súa presenza un ingreso moi importante para as economías da zona xa que estes visitantes aloxábanse nas casas particulares e normalmente repetían durante varios anos. As augas minero-medicinais de Laias manan do interior da terra a unha temperatura de 50,2?C, cun caudal aproximado de 430 litros por minuto. Son augas de mineralización media, bicarbonatadas, fluoradas, sulfurosas e litinadas, moi apropiadas para baños, chorros ou mesmo inhalacións. Os seus efectos son saudables sobre todo para enfermidades relacionadas co reuma e para problemas da pel. As primeiras infraestruturas para o baño que existiron aquí datan de hai varios séculos, cando se foron instalando no lugar diferentes bañeras, pozas e casetas de servizo para os bañistas. Na década de 1950 constrúese o primeiro balneario como tal, pero foi destruído polo encoro e substituído por outro máis moderno en 1971, que contaba xa con habitacións, cafetería, dependencias para tomar os baños, etc. No ano 2000 esta instalación pechou, abrindo as súas portas o moderno edificio do que podemos gozar na actualidade. A súa igrexa parroquial foi construída no século XI, foi afectada pola construción do encoro, as súas portas únicamentre abren en ocasións especiais como vodas ou a procesión de San Bieito que ten lugar no mes de xullo. Na fachada da igrexa podemos observar a inscrición de "Refuxio Sagrado": privilexio outorgado na Idade Media a algunhas igrexas, dando a potestade de acoller no seu interior mesmo a ladróns, asesiños e débedos sen que ninguén puidese efectuar acción algunha contra eles mentres permanecesen dentro do templo.
Cenlle é un municipio situado na provincia de Ourense e na comarca do Ribeiro. Atópase entre os ríos Miño e Avia e conta con dez parroquias (Barbantes, Cenlle, Esposende, Laias, Osmo, Pena, Razamonde, Sadurnín, Trasariz e Vilar de Rei). Se nos desprazamos á parroquia de Laias ou Santa Baia de Laias, situada ás beiras do río Miño, atopamos puntos de interese como o balneario e a igrexa de Laias. O balneario ou tamén coñecido como "Vila termal Laias" da cadea Caldaria, é un dos máis importantes de Galicia. A súa construción é do ano 2001 e pódese dicir que é un balcón ao río Miño. A historia das súas augas remóntase á época romana. As augas quentes que nacen neste lugar son moi valoradas polos visitantes porque as recomendan para o seu uso medicinal. Manan do interior da terra a unha temperatura de 50,2?C. Son augas de mineralización media, bicarbonatadas, fluoradas, sulfurosas e litinadas e por iso, teñen efectos moi saudables para enfermidades relacionadas co reuma e problemas da pel. Durante a época medieval, quen visitaban a zona eran reis e bispos, e así Laias foi collendo fama e foi converténdose nun destino de descanso e lecer para moitas familias. Foron construíndose diferentes bañeras, pozas e casetas e foi no ano 1950 cando se crea o primeiro balneario como tal. Construción que foi destruída polo encoro. En 1971 créase outro máis moderno que estivo activo ata o 2000 e no ano 2001, créase o que vemos actualmente. Laias conta cunha antiga igrexa dedicada a Santa Baia (Olaia ou Eulalia). A súa construción data do S.XI e conserva aínda algúns restos románicos. Foi modificada varias veces e no ano 1971 deixou de funcionar como templo parroquial. Actualmente, podemos vela aberta se hai algunha voda ou na procesión de San Bieito (11 de Xullo). Ademais, aínda se pode apreciar na porta a mensaxe de "Refuxio Sagrado".