O Museo Casa do Pescador está situado en Cambados no barrio mariñeiro de Santo Tomé, a escasos metros do mar. Antigamente chamábase casa Jovita, é unha casa típica de mariñeiros e foi reformada na súa totalidade para deixar constancia do modo de vida dos pescadores da zona, dos seus hábitos e costumes e das súas vivendas. É unha casa construída en granito, de pequenas dimensións. É de planta baixa e de estrutura rectangular. As súas fiestras chegan case ata o chan, separadas do mesmo por un bordillo, permitindo a máxima entrada de luz. Dentro non posúe divisións e ten unha porta dianteira e outra traseira que daría a un pequeno patio. Está a escasos metros da praia Santo Tomé, isto permitiría subir as embarcacións durante a subida da marea para que non se a levase o mar. Moitos dos arranxos e mantemento levaríanse a cabo na propia praia. No museo ofrece información acerca das especies capturadas na zona e o marisqueo. Tamén información sobre os nós mariñeiros e unha parte interactiva a través de terminais táctiles, visualización de contidos a través das pantallas e proxección de contidos desde o teito ata o chan. Enfronte do museo pódese ver o porto de Cambados, ao lado estaría a alameda e nas inmediacións atópase o Pazo de Montesacro. Edificio de estilo barroco do século XVIII, pódese acceder por medio de unhas escaleiras e tamén acceder á Capela da Virxe da Valvanera a cal está anexa ao pazo
O barrio de Santo Tomé, posiblemente sexa o núcleo máis antigo de Cambados e era coñecido como Vila Vella. Santo Tomé do mar é unha antiga vila independente que se uniu ás pequenas vilas de Cambados e á de Fefiñáns. Pódese acceder a esta Vila mariñeira de Santo Tomé camiñando desde o centro de Cambados pola rúa peonil Rúa Hospital. Xa na vila percorrer as súas rúas con casas cubertas de cunchas, balcóns e galerías; o cheiro a mar e algunha que outra taberna onde degustar os típicos e afamados mariscos da zona. A principios de século construíuse un paseo marítimo que se une ao Paseo Marítimo de Cambados, e permite gozar das fermosas vistas durante un agradable paseo. Destaca a silueta da torre de San Sadurnino que formou parte dos sistemas de alerta do século X para protexer a ría das incursións normandas á que se pode chegar camiñando ata a illa de A Figueira onde se atopan os restos da devandita torre. Pódese ver un hórreo de pedra no paseo moi preto do mar, isto débese a que moitas veces era menos custoso transportar os víveres por mar que en carro por terra, con eses camiños estreitos e dificilmente transitables. Os hórreos solían colocarse o máis preto das barcas para poder descargar a mercadoría. Dominando o entorno pódese ver o Pazo de Montesacro de estilo barroco do século XVIII, onde tamén se atopa a Capela da Valvanera
No veciño municipio de Cambados, no barrio de Santo Tomé, podemos visitar o Museo Casa do Pescador. Trátase dunha antiga casa mariñeira que, popularmente, se coñecía como a Casa Jovita e que se transformou nun centro museístico. Esta construción foi rehabilitada en 2005 para reconvertela en museo e, así, dar a coñecer como eran as casas dos pescadores, como vivían, así como as súas costumes e tradicións.