Skip to main content

Nautic Destination

Cangas. Praia Santa Marta. Praia Liméns. Praia Salgueirón

Sobre este patrimonio

Cangas conta cunha longa tradición como cidade de verán, non en balde conta con máis de trinta e nove areais de calidade recoñecida. Son praias na súa maior parte de areas finísimas e portadoras da bandeira azul pola calidade das súas augas, servizos e xestión.Praia de Santa MartaEstá situada na enseada de Liméns, na ría de Vigo, nun entorno semi-urbanizado constitúe o punto final da senda costeira Areamilla - Liméns e existen dous cámpings na zona. Cunha extensión de 190 m., dispón de numerosos servizos: Acceso a persoas con discapacidade e vehículos rodados, aparcadoiros, socorristas, auga potable, teléfono, árbores, bancos, duchas, balizamento, quioscos, restaurantes, etc.Praia de LiménsCon unha lonxitude de 310 m., esta praia está situada na enseada de Liméns, xusto fronte á praia de Samil. Inclúe un complexo dunar e piñeirais. En certos momentos do ano, fórmase unha pequena lagoa que congrega a centos de aves. É a praia principal da enseada de Liméns. Dispón dos principais servizos: Acceso a persoas con discapacidade e vehículos rodados, aparcadoiro, socorristas, auga potable, teléfonos, duchas, deportes náuticos, cámpings, restaurantes e balizamento. Praia de SalgueirónA praia do Salgueirón é unha praia pequena e tranquila, situada en Punta Balea, no entorno da antiga conserveira de Massó. É unha praia de area fina e branca, debido á súa escasa profundidade é unha praia ideal para os nenos. Cando sobe a marea cobre case todo o areal.

Para saber máis

O Concello de Cangas, na provincia de Pontevedra, é un destino máis que recomendable e no que ao longo da visita poderá contemplar tanto a beleza do seu entorno natural e marítimo representado tanto pola grandeza da súa costa como polo seu gran patrimonio cultural e monumental.Cangas conta con 2 oficinas de turismo nas que se pode solicitar información, situadas na Avda. Eugenio Sequeiros, 9 e a segunda na Estación Marítima, ambas no entorno do porto Deportivo e os Xardíns da Alameda Nova. Esta localidade ofrece innumerables posibilidades de actividades, rutas de sendeirismo, espazos culturais, festas e festivais, moito que facer e gozar.Aos seus trinta e nove areais e resto de opcións de lecer, súmase a posibilidade de realizar turismo submarino e gozar dunha enorme vida submarina propiciada polas augas da Ría e do Océano Atlántico. Desde Cangas pódese participar en inmersións organizadas no parque nacional das Illas Atlánticas e no resto da costa. Buceo autónomo, apnea ou snorkel son algúns dos que permite interactuar coa fauna e flora submarina dada a súa sinxeleza, baixo impacto ecolóxico.Polbos aloxados nas fendas dos fondos rochosos, paredes colonizadas por esponxas, ascidias e algas ou as anémonas de mar cos seus distintos e chamativos cores.

Para coñecelo mellor

Con unhas vistas espectaculares e un faro datado do ano 1853, Cabo Home atópase na parte máis occidental do Morrazo. Este faro conta cunha torre de uns 17 metros situada a 143 metros sobre o nivel do mar. A península do Morrazo destaca polas súas praias de augas cristalinas e area fina e branca. Unha delas, é a praia de Santa Marta cunha lonxitude de uns 190 metros e unha anchura de 20. Atópase a moi pouca distancia da Praia de Liméns, outro marabilloso enclave natural con Bandeira Azul onde todas as persoas que alí se acheguen poden gozar do seu paisaxe e da súa natureza.Cangas é un concello da provincia de Pontevedra que pertence á comarca do Morrazo. Está dividido en cinco parroquias: Aldán, Cangas, Coiro, Darbo e Hío.

Galería

Cangas. Praia Santa Marta. Praia Liméns. Praia SalgueirónCangas. Praia Santa Marta. Praia Liméns. Praia SalgueirónCangas. Praia Santa Marta. Praia Liméns. Praia SalgueirónCangas. Praia Santa Marta. Praia Liméns. Praia Salgueirón

Localización

Localidade
Liméns - O Hío
Concello
Cangas
Provincia
Pontevedra
País
España

O ben

Tipo
Praia
Eco-destino
Ría de Vigo
Contorna
Natural
Relevancia
Nacional

Como chegar

Acceso
Por mar Por terra
Distancia
4,000 km

A visita

Visitábel
Pódese visitar todo o ano
Accesible
Aparcadoiro

Coordenadas

Latitud
42.25963400
Longitud
-8.81333200