Para saber máis
A Capela das Neves situada na localidade de Portomarín, é unha capela barroca do século XVIII, con nave única, espadaña e altar maior, que orixinalmente pertencía ao hospital da Orde de San Xoán.
A escaleira de pedra que a precede antes de cruzar a ponte que atravesa o río Miño, foi construída aproveitando un arco da antiga ponte medieval e consta de 82 chanzos e 17 metros de altura, foi construída cun arco da antiga ponte medieval.
Todo o conxunto foi trasladado tras a construción do encoro de Belesar, mantendo o seu valor como símbolo de entrada ao Camiño Francés en Portomarín.
Está catalogada como un ben protexido pola Lei 16/1985, do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español (BOE núm. 155, do 29 de xuño de 1985).