O casco antigo de A Guarda é un reflexo do pasado e do presente mariñeiro, caracterizado polas súas casas tradicionais e rúas estreitas. Nun sinxelo paseo, pódense observar as tarefas, embarcacións e aparellos dos mariñeiros e a venda de peixe e marisco na lonxa.
Distribúese arredor do porto pesqueiro e destacan edificios como o Convento de San Benito ou das benedictinas de 1558 vinculado desde os seus comezos á nobreza e transformado no século XX nun hotel. Consérvanse tramos da muralla medieval nas rúas Muro e da Ireia. Na praza do reloxo atópase o edificio do Concello e a antiga Torre do Reloxo, antigo baluarte de procedencia medieval que protexía os accesos á vila, e a poucos metros atópase a igrexa de Santa María.
Na baixada ao porto pola rúa Concepción Arenal atópase a Praza de Abastos, singular edificio, luminoso e amplo, obra do arquitecto guardés Constantino Candeira. Alí pódense obter, todas as mañás agás o domingo, produtos frescos e de calidade garantida sendo un dos principais elementos dinamizadores da actividade comercial da localidade.
A visita pódese combinar chegando ata o Museo do Mar situado ao final do paseo marítimo.
Polo entorno pódense ver exemplos de casas indianas da segunda metade do século XIX e século XX. Construcións feitas polos emigrantes retornados que, despois de prosperar e facerse ricos en zonas como Puerto Rico, República Dominicana e Brasil retornaron e converteronse en líderes locais.
O casco antigo de A Guarda distribúese arredor do porto pesqueiro e destacan edificios como o Convento de San Benito ou das benedictinas de 1558 vinculado desde os seus comezos á nobreza. Fundado no século XVI pola familia Ozores de Sotomayor. A igrexa, pequena e deteriorada, reconstrúese no século XVII e segue dedicada ao culto relixioso. Na portada lateral de estilo barroco localízanse os blasones familiares da orde de San Benito. As monxas abandonaron o convento en 1983 e tras a reforma o convento converteuse en hotel, restaurante e cafetaría.
Consérvanse tramos da muralla medieval nas rúas Muro e da Ireia. Na praza do reloxo atópase o edificio do Concello e a antiga Torre do Reloxo, antigo baluarte de procedencia medieval que protexía os accesos á vila, e a poucos metros atópase a igrexa de Santa María.
Na baixada ao porto pola rúa Concepción Arenal atópase a Praza de Abastos onde se poden obter, todas as mañás agás o domingo, produtos frescos e de calidade garantida.
Polo entorno pódense ver exemplos de casas indianas da segunda metade do século XIX e século XX. Construcións feitas polos emigrantes retornados que, despois de prosperar e facerse ricos en zonas como Puerto Rico, República Dominicana e Brasil retornaron e converteronse en líderes locais. As vivendas indianas caracterízanse polo emprego de cantería, azulexo e forxa. Son casas chamativas que adoptaron estruturas propias do continente americano, o que lles confire unha personalidade propia. Tamén é curioso o tipo de vexetación que teñen os xardíns como palmeiras e especies exóticas procedentes do outro continente.
Seleccionaron 12 destacadas edificacións deste estilo para crear un percorrido sinxelo de menos dunha hora que comeza na rúa Puerto Rico onde se conservan varios exemplos de casas indianas e continúa polo centro histórico ata acabar na rúa Galicia.
Na rúa Rosalía de Castro localízase o mellor exemplo de construción indiana. Levantado en 1921 grazas á colaboración dos emigrantes guardeses e destinado a Hospital Casa-Asilo. Tras a reforma de 1990 converteuse no actual Centro Cultural. Alberga a Biblioteca Municipal, salas de exposicións e un salón de actos.
A Guarda é un municipio situado ao suroeste de Galicia e comunícase co noso país veciño Portugal pola fronteira natural do río Miño.
Como todos os lugares con historia e con pasado, A Guarda conta cunha zona vella, o casco antigo. Nel, atopámonos con casas tradicionais, rúas estreitas e chans de pedras e adoquíns. A Praza do Reló é unha das máis destacadas neste municipio. Tradicionalmente, chamábase Praza Maior e, pasando o século XVI, acolleu outros nomes como Praza da Constitución, da República e Praza de España. Neste espazo atópase a torre do Reló, que foi construída ao lado da antiga muralla medieval e a actual Casa do Concello, que é un dos edificios que máis chama a atención dos e das visitantes.
Tamén forma parte do casco antigo a Praza de San Marcos que acolleu ata o século XIX un hospital que atendía a pobres, así como a peregrinos que percorren o Camiño de Santiago. Actualmente, este edificio converteuse no Xulgado de Paz e ademais atópase moi preto da rúa Colón, que era a que dividía a cidade cando estaba amurallada.