Skip to main content

Nautic Destination

Castro de Ribadumia

Sobre este patrimonio

O xacemento arqueolóxico do monte de O Castro, en Ribadumia, é un poboado fortificado da Idade do Ferro situado a 110 metros de altura. Emplázase sobre un esporón cun amplo dominio do val final do río Umia. Polos seus restos documentados crese que puido estar habitado durante os séculos IV a. C e I d. C. Durante as escavacións realizadas no 2011 descubriron trece cabanas, unha gran casa-patio e unha muralla, ademais de miles de pezas, que evidencian o intenso comercio que este asentamento mantivo con civilizacións antigas como a fenicia.

Para saber máis

O xacemento de Ribadumia é un claro exemplo do aproveitamento do monte e da extracción de pedras, xa que se conservan as pegadas de antigas canteiras tanto no seu perímetro como no seu interior. O castro presenta unhas dimensións medias no contexto do poboamento característico da Idade do Ferro, que tivo unha ocupación densa desde o século IV a. C ata o I d. C., momento no que foi destruído pola acción do lume e abandonado. Entre as súas estruturas máis destacables atópase unha gran casa-patio ao estilo das documentadas no castro de San Cibráo de Lás, en Ourense, e outros castros do sur de Galicia e norte de Portugal. A zona habitacional esténdese por todo o aterrazamento e tivo distintas estruturas ao longo da historia do castro, realizadas con distintos materiais. As primeiras construcións estaban feitas con materiais perecedoiros, que foron substituídos despois por estruturas de pedra e as vivendas circulares do século II a. C. converteronse en espazos de almacenaxe, volvendo empregar materiais perecedoiros. Entre as miles de pezas achadas durante as campañas arqueolóxicas, atópanse cerámicas desde o século V a. C. ata o I a. C., procedentes do norte de África e do entorno de Gadir (a actual Cádiz), así como un fragmento dun aríbalo de Rodas. O aríbalo é un vaso grego de forma globular e pescozo curto e estreito que se empregaba como envase para conservar o aceite perfumado destinado ao coidado do corpo.

Para coñecelo mellor

O Castro de Besomaño, de Leiro ou de Ribadumia, está situado nunha chaira de Ribadumia (Pontevedra) de importante legado arqueolóxico. O castro atópase ubicado no Monte do Castro e é unha das fortificacións galegas onde se realizaron reconstruccións das vivendas para lograr visualizar o xacemento. O Monte do Castro foi ocupado e reocupado desde o século IV a.C. ata o I d.C. O poboado que habitaba o castro desenvolvía a cultura castrexa, caracterizada pola súa peculiar forma de organizarse para vivir. Nestes asentamentos predominaban as construcións circulares de pedra, aínda que tamén ovaladas e cadradas. Posteriormente, o castro foi destruído por un incendio e abandonado definitivamente. A zona foi obxecto de extracción de pedra, quizais xa desde os orixes do poboado ata ben entrado o século XX. Ademais, grazas aos investigadores e investigadoras arqueolóxicos, puideron recoller preto de 140.000 pezas. Entre elas, destacan cerámicas do século V a.C. ata o I a.C.

Galería

Castro de RibadumiaCastro de Ribadumia

Localización

Localidade
Besomaño
Concello
Ribadumia
Provincia
Pontevedra
País
España

O ben

Tipo
Castro
Eco-destino
Ría de Arousa
Contorna
Rural
Relevancia
Internacional

Como chegar

Acceso
Por terra
Distancia
Distancia 7,9 km / 14 minutos en coche

A visita

Accesible
No
Aparcadoiro
No

Coordenadas

Latitud
42.52382600
Longitud
-8.73954200