Skip to main content

Nautic Destination

Cenlle. Paseo termal. Termas Barbantes

Sobre este patrimonio

Barbantes é unha parroquia do concello de Cenlle, o cal pertence á provincia de Ourense e á comarca do Ribeiro. A Comarca do Ribeiro atópase entre as serras de Faro e Suído, onde se unen os vales do río Miño, Avia, Arnoia e Barbantiño. Posúe un microclima seco e cálido, pero cun alto índice de humidade durante o inverno.

O seu paseo termal está situado nun dos márgenes do río Miño, é unha ruta lineal de baixa dificultade que nos leva ata Santa María de Razamonte despois de percorrer 4,7 quilómetros, sen afastarnos do márxe do río Miño en ningún momento. Un paseo con especial encanto grazas aos seus bosques de sobreiros centenarios e pasarelas que salvan regatos.

Este paseo termal iníciase nas termas de Barbantes. As termas son de uso gratuíto e poden ser visitadas por toda aquela persoa que queira gozar das súas augas hipotermales. Dispón de tres piscinas con temperaturas de entre 21°C e os 26°C, dependendo da época do ano e das condicións meteorolóxicas. Son augas de mineralización débil, bicarbonatadas, alcalinas, sódicas, magnésicas e cloruradas, indicadas sobre todo para ósos, articulacións e pel.

As termas dispoñen de todos os servizos para pasar unha xornada en familia. Entre os diferentes servizos podes gozar de duchas de auga termal, bancos, mesas de pedra con asentos, aseos e un snack-bar.

Moi preto da Área Termal de Barbantes atópase o primeiro circuíto permanente de Orientación Deportiva que existe en Galicia, inaugurado no ano 2014.

Para saber máis

Cenlle é un concello da provincia de Ourense cuxa capital é Xubín, conta con dez parroquias: Barbantes, Cenlle, Esposende, Laias, Osmo, Pena, Razamonde, Sadurnín, Trasaríz e Villar de Rey. Conta cun gran patrimonio artístico. Dentro do seu extenso patrimonio destaca o peto de Ánimas e cruceiro con pousadoiro.

A parroquia de Barbantes destaca polo seu fenómeno termal, o cal é abundante nesta zona.

Isto débese á composición do seu solo, este permite o filtrado da auga ata varios quilómetros de profundidade onde se quenta e volve á superficie debido ás presións, nese momento é onde adquire as propiedades minerais das rochas polas que transcorre e que ao final, dan orixe á área termal de termas de Barbantes.

A esta área termal pódese acceder en coche e dispón dunha ampla zona de aparcamento de unhas 60 prazas aproximadamente. A zona termal atópase rodeada por un amplo espazo xardinado, ideal para tomar o sol, descansar e gozar da paisaxe das ribeiras do Miño. Este tipo de augas termais están recomendadas para o tratamento e mellora dalgunhas enfermidades como a artrite, o reuma e algúns problemas de pel.

Desde esta área sae unha ruta fluvial lineal, de baixa dificultade e que ten unha lonxitude de uns 4,7 quilómetros que une Razamonde con Barbantes Estación, pasando pola parroquia de Laias. Este paseo discorre pola beira dereita do río Miño, con tramos de pasarelas. Atravesa un bosque centenario de sobreiros, árbore pouco inusual en Galicia. Esta ruta ampliouse ata a parroquia de Xubín, na actualidade consta dun percorrido de 7 quilómetros.

Nos arredores da área termal de Barbantes atópase o primeiro circuíto permanente de Orientación Deportiva de Galicia, foi inaugurado no ano 2014. Esta instalación conta con varios percorridos habilitados (a pé, en bicicleta ou a cabalo) nunha extensión de máis de 10 hectáreas ás beiras do río Miño.

Consta de cinco percorridos permanentes de distinta dificultade. Cada percorrido ten impresos uns círculos morados numerados que amosan onde están localizados os postes de control. Os postes teñen medio metro de altura e están marcados coa Sinal Internacional de Orientación, que é un cadrado branco e laranxa, así como un número de código. Para axudar a localizar cada control hai unha breve descrición con símbolos nunha táboa no lado dereito do mapa de cada percorrido, conforme os criterios IOF.

Para coñecelo mellor

Cenlle é un concello situado na provincia de Ourense e na comarca do Ribeiro. Atópase entre os ríos Miño e Avia e conta con dez parroquias (Barbantes, Cenlle, Esposende, Laias, Osmo, Pena, Razamonde, Sadurnín, Trasariz e Vilar de Rei).

Se nos desprazamos á parroquia de Barbantes, na beira do río Miño, podemos gozar da Área Termal. Este lugar ofrece de forma gratuíta, un ocio natural onde poder gozar da natureza e de tres piscinas de auga termais. As augas son tépedas e son moi beneficiosas grazas ás súas características: mineralización débil, bicarbonatadas, alcalinas, sódicas, magnésicas e cloruradas. Este tipo de piscinas son recomendadas para tratar artrite, reuma ou certos problemas de pel.

Ademais, a área termal tamén conta con merendeiros de pedra, bancos para o descanso e unha paisaxe arborada. Conta con duchas de auga termal, unha caseta con aseos e outra cun punto de información turística e un bar. Nos arredores da zona Termal de Barbantes atópase o primeiro percorrido permanente de Orientación Deportiva de Galicia, inaugurado polo Concello de Cenlle no 2014. Esta iniciativa ten o obxectivo de dar a coñecer o terreo e ir recoñecendo certos postes. Existen cinco percorridos habilitados de distinta dificultade que se poden facer a pé, en bicicleta ou a cabalo.

Por outra banda, cada ano, o concello organiza unha ruta solidaria por San Trocado, lugar onde van aparecendo puntos patrimoniais interesantes.

Galería

Cenlle. Paseo termal. Termas BarbantesCenlle. Paseo termal. Termas BarbantesCenlle. Paseo termal. Termas BarbantesCenlle. Paseo termal. Termas BarbantesCenlle. Paseo termal. Termas Barbantes

Localización

Localidade
Barbantes
Concello
Cenlle
Provincia
Ourense
País
España

O ben

Tipo
Paseo termal
Eco-destino
Río Miño
Contorna
Rural
Relevancia
Local

Como chegar

Acceso
Por mar
Distancia
1,800 km

A visita

Accesible
No
Aparcadoiro
Sinalizado
Si

Coordenadas

Latitud
42.33312788657411
Longitud
-8.012263763838071