Skip to main content

Nautic Destination

Complex Ons – O Grove

Sobre este patrimonio

A Zona de Especial Conservación (ZEC) Complex Ons- O Grove é un gran espazo natural que se atopa situado arredor da península de O Grove, incluíndo a enseada do Vao, os illotes Guidoiros, a parte sur da Illa de Arousa, o estuario do río Umia e a illa de Ons.

Neste espazo atópase protexido baixo diferentes figuras de ámbito rexional Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN), nacional (Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia), europeo, Zona de Especial Protección das Aves (ZEPA Illa de Ons e ZEC Complexo Ons-O Grove). Ocupa unha superficie total de 7607 ha, repartidas entre os termos municipais de Bueu, Cambados, A Illa de Arousa, Meaño, O Grove, Ribadumia e Sanxenxo.

Integra unha rica variedade de ecosistemas con características que constitúen unha selección dos hábitats máis destacados do litoral galego. Os hábitats mariños e costeiros, constitúen o grupo maioritario; hábitats costeiros con vexetación halofítica considerado como grupo prioritario as lagoas costeiras; dunas marítimas e continentais. En canto á fauna destacan dúas especies prioritarias: as tartarugas mariñas Tartaruga mariña común (Caretta caretta) e a tartaruga mariña verde (Chelonia mydas). Respecto á flora destaca o Rumex rupestris

Millóns de aves acuáticas escollen este lugar para ser unha das principais zonas de invernada do litoral oeste peninsular. Elevanse ata quince mil o número de acuáticas invernantes, incluíndo medias de case catro mil anátidas e dez mil limícolas. Destacando as colonias de Corruco cincento (Pluvialis squatarola), Mazarico rabipinto (Limosa lapponica), Espátula (Platalea leuorodia) e o Ostrero (Haematopus ostralegus).

De feito, está considerado pola SEO como un dos lugares de invernada e paso de aves acuáticas máis importante do litoral norte peninsular.

O istmo de A Lanzada, ademais de unir O Grove co continente, é o punto de unión de dous ecosistemas de rica biodiversidade mariña. Por unha banda, o espazo protexido chega ata o arquipélago de Ons cunha gran extensión de augas mariñas. A gran diversidade de fondos mariños proporciónalle un elevado valor ecolóxico e un gran atractivo, tanto polos seus espectaculares paisaxes submerxidos como pola súa riqueza en fauna e flora.

Os mamíferos mariños como a marsopa (Phocoena phocoena), o golfiño (Delphinus delphis) e o golfiño mular (Tursiops truncatus) teñen presenza común nesta zona.

Pola banda interior, esténdese unha gran chaira que se cobre cando a marea sobe e queda ao descuberto con marea baixa. Coñécese como enseada do Vao e nela atópase a illa de A Toxa e as praias de O Grove. Destacan os fondos lamosos, arenosos e prados de vexetación mariña.

Para saber máis

Unha parte deste espazo foi declarada Zona de Especial Protección de Aves (ZEPA) Complexo Intermareal Umia-Grove, A Lanzada, Punta Carreirón e Lagoa Bodeira, ocupando 2813 ha. E tamén coa figura de humidal de importancia internacional RAMSAR.

Mentres que outra foi incluída na ZEPA Illa de Ons con 924 ha, incluíndo a illa de Onza, as augas que rodean o arquipélago, ademais das augas que rodean os territorios insulares, comprendendo ademais todos os illotes das proximidades. O arquipélago de Ons tamén forma parte do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e foi recentemente declarado área Mariña Protegida baixo o convenio OSPAR xunto co resto de arquipélagos de Cíes, Sálvora e Cortegada. A ZEPA Illa de Ons é un lugar de gran interese para a migración de aves. Pódense observar numerosas especies ornitolóxicas como Paíño europeo (Hydrobates pelagicus), a Chova piquirroja (Pyrrhocorax pyrrhocorax), Corvo mariño moñudo (Phalacrocorax aristotelis), e Gaivota do Caspio (Larus cachinnans).

A lagoa Bodeira forma parte dos espazos anteriormente citados, pero as súas características merecen unha especial mención. É a única lagoa litoral de auga doce da Provincia de Pontevedra e esta singularidade é un atractivo para a fauna ornitolóxica que habita en zonas próximas.

No punto máis elevado desta zona, a 159 m de altitude, atópase o monte Siradella desde onde se poden apreciar as mellores vistas do entorno. Aquí sitúase tamén o Centro de interpretación da natureza do Monte Siradella onde se pode ver información acerca das aves que migran, o movemento das mareas, restos óseos de cetáceos e información dos sendeiros e rutas que rodean este espazo natural.

Para coñecelo mellor

O Complexo Ons, situado no concello de O Grove, atópase entre a ría de Pontevedra e o sur da ría de Arousa. Ese espazo, ademais de unir este concello co continente, é un lugar protexido que contén diferentes illas, rochedos, dunas, praias, lagoas e baías. En definitiva, toda unha marabilla para que o ser humano disfrute da natureza.

A súa riqueza natural é un paraíso e permite a miles de aves frecuentar a zona. Por iso, resulta de vital importancia que os humanos respectemos o hábitat das especies sen molestarlles e sen levar cans á zona, xa que poderían ocasionar danos tanto aos animais, como ao lugar en si.

A praia de A Lanzada, cun gran paseo de madeira, tamén forma parte deste Complexo Ons-O Grove. Atópase dentro da Rede Natura 2000 e loita pola conservación das distintas especies de animais e vexetais presentes na zona.

Galería

Complex Ons – O GroveComplex Ons – O GroveComplex Ons – O Grove

Localización

Localidade
O Grove
Concello
O Grove
Provincia
Pontevedra
País
España

O ben

Tipo
Illa
Eco-destino
Ría de Arousa
Contorna
Natural
Relevancia
Nacional

Como chegar

Acceso
Por mar
Distancia
19,94 km del puerto de O Grove a la isla de Ons

A visita

Visitábel
Si
Interpretación
Paneis e folletos
Accesible
No
Aparcadoiro
No
Sinalizado
Si

Coordenadas

Latitud
42.38023100
Longitud
-8.93682000