A dorna Meca é unha embarcación tradicional deseñada e construída en O Grove. É da mesma tipoloxía que a dorna, pero a diferenza é o seu maior tamaño e a proa cun aspecto máis agudo. Eran embarcacións frecuentes nesta costa ata os anos 60 do século XX cando practicamente desapareceron. Construíanse de 10 ou de 12 cuartas de quilla e ata 18 e historicamente eran tripuladas por entre 3 ou 4 homes dos cales un adoita ser un neno. É unha embarcación que podía facer grandes distancias e adquiría maior velocidade. Durante o verán ían ao Xeito" e ás nasas da lagosta entre Fisterra e Cabo Silleiro, facendo recaladas de entre 7 e 21 días sen volver a O Grove. No inverno as dornas mecas traballaban dentro da ría con rascas e trasmallos."O Xeito" é un tipo de rede de emalle de deriva constituída por un pano rectangular estendido entre dúas trallas, a superior, que consta dun sistema de flotación por boyas que permite o calado a profundidade variable, e a inferior que está lastrada con prumos. Este tipo de embarcación había de existir, non se atopaban planos deste tipo de dornas así que os irmáns Garrido, axudados por antigos Carpinteiros de Ribeira, de vellos mariñeiros e de fotos antigas, construíron en 1995 a dorna meca recuperando un legado patrimonial de gran importancia na cultura mariñeira da zona."
A asociación de Amigos da Dorna Meca naceu en 1980 por esa inquietude e necesidade de recuperar a cultura mariñeira na zona e volver organizar regatas de dornas a vela, tradición que levaba 30 anos desaparecida. No ano 1993 colaboraron na Fundación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial" organización referente na recuperación do patrimonio marítimo e fluvial galego. Durante o ano 1995 levouse a cabo a recuperación da embarcación tradicional máis emblemática que dá nome a esta asociación: a dorna meca. E é cando, no ano 1997 se celebra en O Grove o II Encontros de Embarcacións Tradicionais "Galicia 97" onde outras asociacións movidas polo mesmo impulso expoñen as súas embarcacións tradicionais segundo a zona de Galicia. Data a destacar foi no ano 2000 cando a emblemática Dorna Meca fixo acto de presenza na Festa Marítima Internacional de Brest, formando parte da expedición galega dese ano. A Dorna é un tipo de embarcación tradicional fabricada en madeira formando un tingladillo e caracterízase pola súa navegabilidade tanto a remos como a vela. Crese que ten unha procedencia vikinga polo seu parecido ao drakar utilizado polos escandinavos. Os restos destas embarcacións, deixadas durante as invasións que tentaban asediar a costa, fixeron de patrón para que os carpinteiros navais crearan esta nova embarcación na época. Existen distintas variantes desta embarcación segundo o lugar da súa fabricación xa que os Carpinteiros de Ribeira optimizaban a construción en función das características de cada ría e das necesidades dos mariñeiros. Así que se atopan diferentes tipos de dornas como a Dorna de Tope que é unha variante típica da zona do Barbanza que leva as xuntas das táboas de obra viva unidas a tope reducindo a resistencia do mar, adoitan ser as dornas de menor tamaño. A Dorna Polbeira común nas rías e típica de Bueu, utilizada para a pesca de luras e polbos, embarcación máis redondeada para darlle maior estabilidade. A Dorna Tramalleira adaptada para a pesca con artes de trasmallo. A Dorna Xeiteira, embarcación de gran tamaño, con tripulación de tres a oito persoas, deseñada para evolucionar en mar aberto onde se faena con rede de "xeito" para a captura da sardiña, xurelo e bocarte. E a Dorna Meca que é unha variante de maior tamaño típica da zona de O Grove, o seu maior tamaño débese ao seu uso en mar aberto e batido, en zonas que existen fortes correntes.
Ademais polos seus paisaxes, as súas costas e a súa fama gastronómica, a Comunidade Autónoma de Galicia é verdadeiramente famosa pola súa historia mariñeira. Para pescar ou saír ao mar a navegar, os mariñeiros e mariñeiras necesitan barcos fortes e resistentes. Unha das embarcacións máis utilizada en Galicia nos anos 60 era a Dorna Meca. A Dorna Meca é un tipo de nave deseñada e construída nos estaleiros do municipio de O Grove, na provincia de Pontevedra, e unicamente dependía de remos e de vela para a súa navegación, ademais de contar con mínimo catro tripulantes. A súa proa estaba caída cara adiante e contaba cunha eslora de uns 7 metros. Este tipo de embarcación deixou de utilizarse. Para que non caese no esquecemento esta parte da nosa cultura mariñeira, a partir de 1980, un grupo de persoas interesáronse na súa recuperación creando a Asociación Os Amigos da Dorna Meca". Unha das súas principais tarefas pasa por acometer obras nas embarcacións con axuda de carpinteiros e técnicos.