O Faro de Cabo Salinas é un faro situado no punto máis meridional da illa de Mallorca, Illas Baleares, no cabo do mesmo nome.
O Faro de Cabo Salinas é un dos máis antigos e emblemáticos de Mallorca, e forma parte do Parque Nacional Marítimo-Terrestre do Arquipélago de Cabrera. O seu nome débese ás antigas salinas que se explotaban na zona, e que hoxe en día se converteron nun humidal protexido que alberga unha gran variedade de aves.
En 1982 foi o primeiro faro de España en ser alimentado mediante paneis solares. Foi inaugurado o 31 de agosto de 1863. Ao comezo había dous mariñeiros destinados no faro para o seu servizo de abastecemento.
Os terreos para a súa construción foron cedidos gratuitamente polo Marqués do Palmer. Nun principio proxectouse tan preto da costa que pronto se viu que sería afectado pola acción do mar, polo que sen chegar a tomar unha resolución sobre este proxecto presentouse un segundo que situaba o faro a 60 metros da costa que foi o que finalmente se levou á práctica.