O Mosteiro Cisterciense de Armenteira está situado na parroquia de Santa María, no concello de Meis (Pontevedra), entre as rías de Pontevedra e Arousa, na comarca do Salnés e está habitado por unha comunidade de monxas da mesma orde. Os primeiros documentos oficiais da pertenza deste mosteiro á Orde Cisterciense datan do ano 1162. Está considerado ben de interese cultural. Foi absorbido pola Orde do Císter entre os anos 1149 e 1162, e 5 anos máis tarde constrúese a actual igrexa polo seu primeiro abade. É de estilo renacentista e barroco (S. XVI e XVII), de planta de cruz latina con 3 naves e 3 ábsides, sendo a portada o máis destacable, coas súas seis arquivoltas apoiadas sobre outros tantos pares de columnas e enriba, un fermoso rosetón calado. Habitábao unha pequena comunidade de monxas cistercienses, tras sufrir unha restauración en 1989, o Mosteiro viviu unha etapa na que a súa conservación estivo garantida. Conta ademais con hospedería para todos aqueles que busquen un verdadeiro descanso, a estancia tamén inclúe o desfrute das zonas comúns e do xardín que o atravesa un regato. Ao Mosteiro chega en vehículo, dispón de tenda na que mercar produtos elaborados artesanalmente como xabóns feitos con aceites esenciais feitos a base de herbas aromáticas, flores e plantas. Por último, o Mosteiro atópase ubicado nun entorno de gran beleza natural, ten uns amplos xardíns e está rodeado dunha abundante masa forestal ao abrigo do monte Castrove.
Do Mosteiro orixinal unicamente se conserva a igrexa que ten na súa sinxeleza e austeridade o seu verdadeiro valor. O cruceiro está cuberto por unha cúpula única en Galicia de influencia mudéxar. Ao fondo da nave central, un rosetón de formas xeométricas floradas. O mosteiro foi declarado monumento histórico-artístico no ano 1931. Os terreos do Mosteiro están rodeados por un muro do que temos que destacar a súa portada barroca que serve de acceso ao atrio. A fachada principal do mosteiro está adosada ao Mosteiro formando un ángulo recto. Pero Meis ademais da grandeza do seu Mosteiro é coñecido por outras referencias turísticas, como o seu campo de Golf ou a ruta dos Muíños que en parte transcorre polo seu territorio. A Ruta parte desde a oficina de turismo de Ribadumia, na rotonda da Vía rápida que une a Autoestrada con Cambados e finaliza no Mosteiro da Armenteira. Ao longo do seu percorrido atópanse un gran número de muíños restaurados e moito máis, é un percorrido de gran valor etnográfico, paisaxístico e natural. En total, esta ruta conta con 51 muíños restaurados que na súa maioría enriquecen a marxe do río Armenteira. Ao longo desta ruta atopamos a Aldea da Pedra, nesta aldea represéntase a escala real e en granito escenas da vida rural galega, o conxunto o forman distintos elementos como un hórreo de seis pés, unha cruz artística, unha capela, un carro de vacas, unha cociña de pedra, unha fonte circular, etc.
Meis é un municipio pertencente á comarca do Val do Salnés, na provincia de Pontevedra. Este concello foi poboado desde épocas moi antigas, xa que así o atestiguan diferentes probas arqueolóxicas. Un dos monumentos máis espectaculares do municipio atópase no monte Castrove e trátase do Mosteiro de Armenteira. Segundo conta a lenda, un cabaleiro da corte de Alfonso VII chamado Ero tomou a decisión de construír un mosteiro porque a Virxe llo pediu nun soño. Un día, cando paseaba, escoitou o canto dun paxaro con moita atención e, ao acabar, volveu ao mosteiro. Ao chegar, decatouse de que non coñecía a ningún frade dos que alí moraban e que o canto do paxariño fora hai 200 anos. Este templo, fundado polo célebre abade San Ero no ano 1167, consérvase en magníficas condicións. A construción é de planta en cruz latina, conta con tres naves e con tres ábsides, que son as zonas que recollen a mesa do altar. Actualmente habítano monxas cistercienses, relixiosas de votos solemnes desde 1989. Ademais, ofrécense visitas guiadas ás súas instalacións.