O ouriço do mar Paracentrotus lividus (Lamark, 1816) é un equinodermo, regular, de cor escura con tendencia ás cores negro, verde, marrón violeta e avermellado. É a especie máis común en España e gran parte de Europa, e a especie de ouriço comercial por excelencia. Ten as púas robustas, agudas e curtas, coas que se desprazan lentamente polos fondos mariños e que, ao caer, deixan ver un corpo dividido en grupos de placas. O corpo do ouriço non é totalmente esférico, senón algo achatado e lixeiramente plano pola zona ventral. As gónadas femininas son de cor amarelo forte ou laranxa, as masculinas teñen unha cor amarelo ou pardo amarelento máis blanquecinas. Aínda que normalmente se describe o seu tamaño máximo arredor dos 75 mm, describíronse numerosos ouriños con tamaños superiores, especialmente nestas poboacións atlánticas, alcanzando os 95 mm en poboacións galegas, aínda que os individuos de gran tamaño son moi pouco abundantes. A súa captura require tempo e paciencia, polas súas púas e o seu hábitat, adoitan estar en zonas rochosas e escuras das zonas intermareal e submareal, moitas veces profundas (ata 30 metros de profundidade) polo que só poden ser coller un a un e, habitualmente, por buzos profesionais. O tamaño mínimo legal é de 5,5 centímetros. Son animais bentónicos que se desprazan lentamente sobre o substrato mariño grazas ás accións combinadas dos pés ambulacrais e as espiñas móbiles. Consideranse fundamentalmente herbívoros, e actúan como reguladores da biomasa das algas mariñas. Para defenderse e evitar a luz intensa recúbrese de conchas, pedras e algas como defensa. Como todos os equinoideos os ouriños do mar son dioicos. Posúen cinco gónadas que se atopan suspendidas ao longo da cara interna de cada unha das zonas interambulacrais do caparazón. Os óvulos e espermatozoides libéranse na auga do mar, onde se produce a fecundación.
A clase equinoidea (Echinoidea) pertencen ao filo dos Equinodermos. O nome Echinoidea, que significa similares a un ouriço (porco espín)" o que fai referencia ás espiñas móbiles (púas) que recubren o corpo destes animais. Dáse o nome de ouriños do mar. Describíronse arredor de unhas 950 especies en todo o mundo. Diferenciando a súa estrutura externa, existen dous tipos de ouriños. Uns serían os ouriños regulares onde o corpo é máis ou menos esférico e está dotado dunha serie de púas móbiles, o seu corpo pode dividirse en dous hemisferios, un aboral e outro oral, con diferentes estruturas dispostas radialmente. Outro tipo son os ouriños irregulares ou bilaterais que inclúen aos ouriños acorazonados, dólares de area. A maioría das características destes animais están relacionadas coas súas adaptacións para a escavación na area. En Galicia o ouriço do mar Paracentrotus lividus considérase un recurso específico, e a súa captura está regulada mediante plans de xestión aprobados pola Consellería do Mar. Pode collerse a pé ou desde embarcación utilizando bicheiro ou forquita axudados dun espello ou mirafondos, esta arte só pode ser utilizada en fondos inferiores a cinco metros. Tamén pode ser extraído mediante buceo en apnea ou con aire desde superficie. As capturas concéntranse entre outubro e abril. Os principais países consumidores por tradición son Xapón como primeiro consumidor de ouriço a nivel mundial e Francia. En ambos países o ouriço do mar é moi apreciado constituíndo un produto de luxo polo seu alto prezo. Outros países con tradición de consumo son China, Italia e EEUU onde as comunidades italianas e orientais son as que promoven o seu consumo. Do ouriço do mar unicamente cómese a gónada que está no interior. A forma clásica de comelo é en cru, abrindo o ouriço con coidado e metendo unha culler. En cru é onde máis apreciaremos o seu intenso sabor a mar. A cociña moderna incorpóraos a salsas que acompaña aos diferentes peixes o que multiplica o seu sabor a mar. Tamén prepáranse en conservas, patés, revoltos e maionesas. Para abrir un ouriço débese manipular cun pano de cociña, coller o ouriço pola súa parte inferior e con axuda de unhas tesoiras de cociña córtase a parte central, ampliando a zona de corte e evitando que se desprendan as púas cara o interior do ouriço. É fácil clavarse as púas ao manipulalo e ademais rompense con facilidade co que se pode quedar clavada na pel algunha púa de pequenas dimensións que deberá ser extraída porque se non infectarase. O promedio de capturas, nos cinco últimos anos, de ouriço do mar Paracentrotus lividus foi de uns 99.763,70 kg/ano, o que representa un 27,38 % do total anual de capturas na lonxa de Baiona. Isto xerou, para o mesmo período, uns ingresos promedio de 524.765,94 EUR anuais. A comercialización desta especie supuxo aproximadamente, no conxunto dos últimos 5 anos, un 25% dos ingresos totais, o que o converte nun recurso moi importante para esta entidade.
A clase equinoidea (Echinoidea) pertence ao filo dos Equinodermos. O nome Echinoidea, que significa similares a un ourizo (porco espín), fai referencia ás espiñas móbiles (púas) que recubren o corpo destes animais. Dáse o nome de ourizos de mar. Describíronse arredor de unhas 950 especies en todo o mundo. Diferenciando a súa estrutura externa, existen dous tipos de ourizos. Uns serían os ourizos regulares onde o corpo é máis ou menos esférico e está dotado dunha serie de púas móbiles, o seu corpo pode dividirse en dous hemisferios, un aboral e outro oral, con diferentes estruturas dispostas radialmente. Outro tipo son os ourizos irregulares ou bilaterais que inclúen os ourizos sen corazón, dólares de area. A maioría das características destes animais están relacionadas coas súas adaptacións para a escavación na area. O ourizo de mar Paracentrotus lividus (Lamark, 1816) é un ourizo de mar regular que presenta cores marróns, negros, púrpuras, verdes, brancos ou vermellos, aínda que algúns exhiben diferentes cores mesturadas. A súa talla máxima é arredor dos 75 mm. A forma do corpo dos ourizos é redonda e ten unhas longas púas. Estas espiñas poden usalas para diferentes cousas