É un barco de 12 metros de eslora e catro de manga que pode acoller a 40 pasaxeiros e que realiza unha visita por toda a costa ceutí, percorrendo así fitos e lugares históricos de Ceuta. Así, o itinerario, segundo a web https://ceutaturistica.com/itinerarios/itinerario-4.html, é o seguinte: Muelle de España, o Foso Real cara á Bahía Sur, a Praia da Ribera, Fonte Caballos, a Batería do Pintor, Cala e Fortín do Sarchal (antiga cárcere de mulleres), Camiño de Ronda (antigo camiño romano), o Morabito de Sidi Abbas, a Cala do Desnarigado co Castelo do Desnarigado e os cantís do Monte Hacho.
Se hai boa mar, bordease a Punta Almina e volve a porto seguro dando completamente a volta ao Monte Hacho. Hai megafonía explicativa de todo o que se pode ver.
Se o estado do mar o permite bordease Punta Almina e entra no porto pola bocana dando así completamente a volta por mar ao Monte Hacho. Se non é posible faise o camiño contrario.
O percorrido é de 50 minutos.
Teléfonos de información e reserva do barco El Desnarigado: 669535249 e 618618632.
Tarifas: os adultos pagan 10 euros e os menores de sete anos, cinco. Hai prezos especiais, paseos diúrnos e nocturnos, pesca, baños, festas e celebracións no mar.
Fonte: https://ceutaturistica.com/itinerarios/itinerario-4.html