Para entender o significado dun bosque de Secuoyas en Galicia, é necesario remontarse ao ano 1992, á conmemoración do 500 aniversario da chegada de Colón a América e a George Bush pai, que, cumprindo a resolución H.J: Res. 529 acordouse regalar ás xentes de España 500 plantas de secuoya vermella -Secuoia sempevirens- como símbolo da irmandade entre o Vello e o Novo mundo. Coñecido como o Bosque de Colón, este bosque de secuoyas de máis de 2 hectáreas, é o máis grande de Europa. O bosque atópase na subida ao Monte Castrove (Poio) e o seu interese paisaxístico é elevado sendo unha oportunidade única para os amantes da natureza. Das 500 secuoyas plantadas inicialmente, algunhas superan os 20 m., apuntar que esta especie ofrece un crecemento anual máis rápido a partir dos 15 anos. Na actualidade consérvanse máis de 450. O resultado é algo máis de 2 hectáreas de secuoyas, que no seu conxunto forman un fermoso recuncho natural e de fantásticas vistas á ría de Pontevedra. Poio é unha poboación situada na ría de Pontevedra que ademais de natureza lle ofrece ao seu visitante outras opcións de lecer como, por exemplo, o mosteiro de San Xoán, a vila mariñeira de Combarro declarada conxunto artístico de carácter nacional e como non..., a súa rica e variada gastronomía e viños de fama internacional. Por se fora pouco, a visita complétase cunha gran variedade de praias de area branca e augas cristalinas.
Para chegar ao bosque de secuoyas vermellas máis grande de Europa, basta con seguir as indicacións que poderás atopar desde o Mosteiro de Poio camiño a Escusa. Parece que non se sabe a ciencia certa o motivo da elección do Monte Castrove como enclave para a plantación destes árbores procedentes de California, o que si se sabe, é que a súa plantación foi moi planificada xa que antes de proceder, analizouse a terra e a localización por parte de expertos procedentes dos EE.UU. A plantación celebrouse como un acto simbólico e de amizade entre dous pobos unidos polo océano Atlántico. A plantación conta co apoio da Comunidade de Montes de San Xoán do Concello de Poio que desde un principio colaborou na súa plantación e conservación. As secuoyas son árbores perennifolias e as coníferas máis altas que existen, os seus datos son impresionantes, xa que chegan a acadar os 8 m. de diámetro na súa base e os 115 m. de altura, claro que, vivindo entre 2000 e 3000 anos non é de estrañar. Pero o Monte Castrove ofrece outras oportunidades de lecer e desfrute da natureza xa que desde os seus puntos máis elevados é posible divisar a ría de Pontevedra e a de Vilagarcía. Os seus picos rozan os 600 m. chegando o máis alto aos 613 m., pódese acceder andando e os máis aventureiros poden perderse polos innumerables sendeiros e camiños forestais que contén.
Poio é un municipio situado no centro da provincia de Pontevedra. Cunha superficie de uns 34 km² está dividido en cinco parroquias: San Salvador, San Xoán, Combarro, Samieira e Raxó. Este concello conta con varios lugares de interese nos que se poden ver diferentes paisaxes. Entre eles podemos mencionar o mosteiro de Poio -datado do século VII, que é onde se atopa a biblioteca do mosteiro con máis de 100.000 pezas e o Museo dos Mosaicos-; o conxunto histórico-artístico de Combarro, que é unha das maiores agrupacións de hórreos de Galicia, e o porto deportivo de Combarro, onde se pode apreciar un auténtico barrio tradicional mariñeiro e pesqueiro de Galicia. Por outra banda, nunha ladeira do Monte Castrove atópase o maior bosque de secuoyas vermellas californianas de Europa. A unha altura de 435 metros, podemos atopar ata dúas hectáreas de árbores con máis de 450 exemplares da secuoya vermella. Esta árbore é unha especie orixinal de Norte América que destaca pola súa gran altura e por vivir entre 2000 e 3000 anos.