O centro histórico de Pontevedra é un dos lugares máis emblemáticos da cidade debido aos seus monumentos e ao seu conxunto urbano formado por casas nobres blasoadas, soportais e prazas. A transformación do que foi o casco vello de Pontevedra ao centro histórico de hoxe en día recibiu o Premio Nacional Cultura Galega por parte da Xunta de Galicia no ano 2008. Ademais, en 2006 recibira por parte da Asociación de Graniteiros o Premio Cidade de Pedra grazas ao uso da pedra que fixera o Concello de Pontevedra nesta transformación. Algunhas das prazas máis salientables que podemos atopar no centro histórico son a Praza de España, Praza de Teucro, Praza de Curros Enríquez, Praza de Méndez Núñez, Praza da Verdura, Praza da Leña, Praza da Ferrería, Praza da Pedreira e a Praza da Peregrina. Nesta última praza atópase o Santuario da Virxe da Peregrina, obra de Antonio de Souto con colaboración de Bernardo José de Mier construída a partir de 1778. É de estilo barroco tardío con elementos neoclásicos. Outros dos edificios que se atopan no centro histórico son a Basílica de Santa María A Maior, o Convento de San Francisco, o Mercado de Abastos, o Museo de Pontevedra, o Parador Nacional de Turismo, o Concello, a Alameda, o Barrio da Moureira e a Praza de Touros.
O centro histórico de Pontevedra é un dos mellor conservados de Galicia e foi declarado conxunto histórico-artístico en 1951. Está case totalmente peonilizado e está cheo de bares, cafeterías e tendas. Detrás do centro histórico de Santiago de Compostela é o segundo máis relevante de Galicia. Por el discorre o Camiño de Santiago Portugués. Nun percorrido por esta zona da cidade destaca a Praza de España onde se atopa a sede do Concello. Moi próxima a esta praza, atópase a Basílica de Santa María que data do século XVI cuxa construción foi financiada polo gremio dos mareantes, o gremio de mar máis antigo de España. Outra das prazas máis importantes do centro histórico é a Praza do Teucro, que leva o nome do fundador grego da cidade. Nesta praza hai varios pazos barrocos como Gago, Montenegro, o do Conde de San Román e Pita. Outras das prazas que forman parte deste centro histórico son a de Curros Enríquez e Méndez Núñez. Outras das prazas conservan o nome da súa vocación mercantil tradicional como a Praza da Verdura e a da Leña. Nesta última atópanse casas graníticas, soportais, galerías e un cruceiro no centro. Outra das prazas é a Praza da Ferrería chamada así polas forxas que existían antigamente nos soportais da praza. Ao lado desta praza atópase o convento de San Francisco de estilo gótico tardío. Próximo ao convento atópase a igrexa da Peregrina construída a partir de 1778. Finalmente, a Praza da Pedreira onde se atopa o pazo barroco de Mugartegui e a sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas que se atopa ao lado do mercado de abastos.
Pontevedra sitúase no noroeste da península e é unha cidade administrativa, monumental, turística e de servizo. Urbe de arte e historia, conta cunha zona monumental que, tras a de Santiago de Compostela, é a máis importante de Galicia. A transformación de casco vello a centro histórico comezou en Pontevedra en 1999 coa decisión de peonalizar todo o espazo. Nun dos seus puntos máis altos, atopamos a Basílica de Santa María A Maior. Xa nas ruelas, podemos percorrer a Praza das Cinco Rúas cara á Praza do Teucro. O seu nome tómao do fundador grego da cidade e neste lugar podemos contemplar varios pazos barrocos. O Teatro Principal de Pontevedra, o concello, e máis adiante, o parque da Alameda, as Ruínas de Santo Domingo e a Deputación Provincial de Pontevedra conforman outros dos puntos de interese do casco histórico pontevedrés. Pola rúa Oliva, atópase o centro da cidade ata a Praza da Peregrina onde se ubica a famosa igrexa en honra á Virxe que leva o seu nome.