Unha ría é un accidente xeomorfolóxico producido pola penetración do mar na desembocadura dun río. Así, podería definirse unha ría como a forma que toma a desembocadura dun río nos casos nos que un val costeiro aparece sumergido no mar como consecuencia dunha ascensión no seu nivel. A ría de Pontevedra é unha das principais entradas ao mar das Rías Baixas. Coas súas 145 quilómetros cadrados de superficie é a terceira ría máis grande de Galicia. No extremo sur da ría ábrese a enseada de Aldán que dá lugar á ría de Aldán. Nesta ría atópanse a illa de Tambo no fondo da ría e o arquipélago de Ons formado pola illa de Ons e a illa de Onza ou Onceta situadas na boca da ría. A illa de Tambo é unha pequena illa que conta cun faro, tres embarcadoiros e dúas praias, a de Area da Illa e A Dreidá. Por outra banda a illa de Ons é de gran tamaño e actualmente está habitada, ademais xunto á illa de Onza ou Onceta, este arquipélago forma parte do Parque Nacional Mariño-Terrestre das illas atlánticas de Galicia. As profundidades desta ría oscilan desde os 18 metros no porto de Marín ata os 60 metros na boca suroeste da ría. Canto máis próximo ao interior da ría hai maior sedimentación fangosa ou arenosa. Nesta ría atópanse cidades como Pontevedra, pobos mariñeiros como Bueu, Marín, Combarro ou Loira e centros turísticos como Sanxenxo e Portonovo, entre outros.
A ría de Pontevedra é a terceira ría máis grande de Galicia e é a ría máis regular de todas as Rías Baixas. Ademais, é unha das principais entradas ao mar das Rías Baixas. Polo litoral desta ría pasan dúas das diferentes vías que existen na actualidade para realizar o Camiño de Santiago, o Camiño Portugués e o da costa. Esta ría é lugar de diferentes actividades náuticas como a vela, o piragüismo, a pesca e o submarinismo. Existen diferentes escolas de vela e regatas en lugares como Sanxenxo, Portonovo e Aguete. A práctica da vela tamén está moi estendida na ría, tal é así que o equipo de Suíza de vela adestrouse nela para a Copa de América. No verán nesta ría cítase o piragüismo en equipo e o kayak de mar a nivel internacional para a celebración do G.P. Príncipe de Asturias. Algunhas das actividades relacionadas coa pesca que se realizan nesta ría son a pesca do salmón atlántico no río Lérez ou o surfcasting nos areais ás diferentes modalidades en embarcación. En canto á actividade subacuática os lugares onde se realiza son os fondos mariños de Ons, Cabo Udra e A Mourisca entre outros. A fauna subacuática que podemos atopar nesta ría é moi diversa xa que existen diferentes hábitats subacuáticos. Nas zonas onde hai maior presenza de fondos mariños arenosos viven raias, rodaballos, sepiñas e pequenos bivalvos como berberechos e navallas. Onde hai fondos de cascallo, que están formados por cascas de moluscos viven polbos, cangrexos, fanecas e pintarroxas entre outros. Nas zonas onde se atopan os fondos de rocha, grazas á riqueza das augas fórmanse arrecifes de mexillón e percebe.
Pontevedra conta cunha gran ría, que leva o seu nome, e supón unha das tres principais entradas de mar das Rías Baixas galegas, sendo a máis regular delas. Ábrese polo norte desde a Punta de Cabicastro, situada ao oeste da Praia de Canelas, e, polo sur, ata a Punta Centoleira. O río Lérez ten entre estes puntos a súa desembocadura uníndose aquí ao mar. Na ría de Pontevedra e nas súas ribeiras, a arte e a historia marcan a diferenza. Podemos atopar mosteiros, como o de Poio ou, un pouco máis afastado, o de Armenteira. Tamén conta con fermosas vilas como as de Marín, ou barrios mariñeiros destacados, como o de Bueu. Ademais, atopamos na zona localidades que descubriron no turismo o seu principal ingreso, como no caso de Sanxenxo, Portonovo ou San Vicente do Grove. Situada ao noroeste da Península Ibérica, Pontevedra é unha cidade administrativa, monumental, turística e de servizo. Urbe de arte e historia, conta cunha zona monumental que, tras a de Santiago de Compostela, se posiciona como a máis importante de Galicia.