Skip to main content

Nautic Destination

Río Umia. Zona intermareal

Sobre este patrimonio

O río Umia forma un amplo estuario na súa desembocadura no Complexo Intermareal Umia-O Grove, facendo un trazado sinuoso para atravesar a extensa chaira costeira. A intensa dinámica das mareas xunto coa acción do río Umia dá lugar á formación de depósitos sedimentarios finos, arenoso-lamosos, ao longo do cauce e áreas de marisma nas súas marxes creando formas e texturas que se modifican coa acción das mareas. O río discorre por unha ampla chaira costeira e recibe augas de diferentes regatos como o de Armenteira, da Fonte Espiña de Tabueiros polo sur ou o Río Belos polo norte configurando en conxunto unha cunca con suaves pendentes que aumentan progresivamente cara á cabeceira. O uso agrícola da zona é maiormente uso vitícola de uva de albariño coa Denominación de Orixe Rías Baixas que se combinan con outros cultivos como invernadoiros e outras froiteiras como é o kiwi. Por este río pasa o PR-G173 Ruta do río Umia que percorre o río desde o entorno do Pazo de Barrantes ata a ponte Arnelas. Seguindo a cunca e cruzando o río en varias ocasións: na ponte de Cabanelas, na de Santa Marta e na de Ponte Arnelas. É un percorrido completamente chan. Adéntrase entre viñedos da D.O Rías Baixas cultivados en parras. O sendeiro ofrece varios lugares onde poder descansar e gozar das vistas. O punto final do percorrido é a ponte Arnelas, ponte que foi reconstruída en 1598 por Felipe II.

Para saber máis

O tramo final do río Umia pertence á Rede Natura 2000 e está catalogado como Zona de Especial Protección para as Aves ZEPA Complexo Intermareal Umia-O Grove, A Lanzada, punta Carreirón e lagoa Bodeira é unha extensión de 2813 ha incluída na Zona de Especial Conservación Complexo Ons-O Grove. Ademais de ser ZEPA tamén ten outras figuras de protección como Zona de Especial Protección dos Valores Naturais (ZPVN), Zona Ramsar e integrado na Zona de Especial Conservación (ZEC) Complexo Ons-O Grove. A ZEPA atópase repartida polos termos municipais de Cambados, O Grove, Illa de Arousa, Meaño, Ribadumia e Sanxenxo. Integra unha rica variedade de ecosistemas con características que constitúen unha selección dos hábitats máis destacados do litoral galego. Os hábitats mariños e costeiros constitúen o grupo maioritario; hábitats costeiros con vexetación halofítica considerado como grupo prioritario as lagoas costeiras; dunas marítimas e continentais. Especies de aves migratorias e nidificantes como o Chorlitejo patinegro (Charadrius alexandrinus), o Ostrero (Haematopus ostralegus), o Mazarico rabipinto (Limosa lapponica), Píllara cenicienta (Pluvialis squatarola), Pardela mediterránea (Puffinus mauretanicus). De feito, está considerado pola SEO como un dos lugares de invernada e paso de aves acuáticas máis importante do litoral norte peninsular. O istmo de A Lanzada, ademais de unir O Grove co continente, é o punto de unión de dous ecosistemas de rica biodiversidade mariña. Os mamíferos mariños como a marsopa (Phocoena phocoena), o golfiño (Delphinus delphis) e o golfiño mular (Tursiops truncatus) teñen presenza común nesta zona. Polo lado interior, esténdese unha gran chaira que se cobre cando a marea sobe e queda ao descuberto con marea baixa. Coñécese como enseada de O Vao e nela atópase a illa de A Toxa e as praias de O Grove. Destacan os fondos lamosos, arenosos e prados de vexetación mariña.

Para coñecelo mellor

O río Umia, do que toma o seu nome o municipio pontevedrés de Ribadumia, nace preto da Serra do Candán, en Forcarei. No seu percorrido, atravesa os concellos como A Estrada, Cuntis, Moraña, Caldas de Reis, Portas, Meis, Ribadumia e Cambados. É un gran curso fluvial que desemboca na Ría de Arousa, e máis concretamente, na localidade de Barrantes. O Complexo Intermareal Umia-O Grove é unha zona que está incluída no Listado de Humidais de Importancia Internacional (Humidal RAMSAR) e Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA). Trátase dunha chaira inmensa de lama con illotes no seu interior e rodeada do río Umia. Ribadumia é un municipio da provincia de Pontevedra, localizado no corazón do Val do Salnés. Limita cos municipios de Vilanova de Arousa, Cambados, Meaño e Meis. O nome do municipio procede do río que o atravesa, o Umia.

Galería

Río Umia. Zona intermarealRío Umia. Zona intermareal

Localización

Localidade
Ribadumia
Concello
Ribadumia
Provincia
Pontevedra
País
España

O ben

Tipo
Río
Eco-destino
Ría de Arousa
Contorna
Natural
Relevancia
Internacional

Como chegar

Acceso
Por mar Por terra
Distancia
3,200 km

A visita

Accesible
Aparcadoiro
No

Coordenadas

Latitud
42.50247100
Longitud
-8.80383100