Skip to main content

Nautic Destination

Rutas acuáticas

Sobre este patrimonio

A oferta de rutas acuáticas e terrestres é enorme en Ceuta. Nestas liñas, propoñemos só unhas cantas como mostra da diversidade e riqueza das mesmas. A empresa Watergames Educa Ceuta ofrece tres rutas acuáticas ao visitante. Nelas, aseguran que o turista vivirá unha aventura acuática xunto a monitores, biólogos e mariños, sempre dentro do ámbito do ocio sostible. Ademais, as fotografías, afirman, serán espectaculares.

Por unha banda, está a ruta acuática nocturna, de forma que se atravesa o fosso durante o atardecer coas Murallas Reais iluminadas. Fai-se en bicicleta acuática ou táboa a pedais. O itinerario é o seguinte: porto deportivo, posta de sol xunto ao Parque Marítimo, Foso Real, praia da Ribera, praia de Fuente Caballo e porto deportivo.

Tamén ofrece a Ruta Fronteira e Almadraba, visitando este barrio tan popular de pescadores da cidade ceutí. Chega-se, incluso, ata a fronteira cos monitores da empresa. Fai-se en bicicleta acuática ou táboa a pedais. O percorrido é o seguinte: porto deportivo, Foso Real, praia do Chorrillo, Punta do Morro, La Almadraba, Fronteira e porto deportivo.

Por último, destaca a Ruta da Rede Ecolóxica Rede Natura 2000. Percórrense barrancos e recunchos mariños de gran beleza, todos eles protexidos, con bicicleta acuática, kayak ou táboa a pedais. O itinerario é o seguinte: porto deportivo, Murallas Reais, praia da Ribera, praia de Fuente Caballo, cala do Desnarigado, castelo do Desnarigado, Monte Hacho e Porto Deportivo.

Tamén ofrecen eventos personalizados, para empresas e a posibilidade de realizar cursos de mergullo xunto á empresa Gran Azul, entre outros moitos servizos.

Localización

Concello
CEUTA
Provincia
Ceuta
País
España

O ben

Eco-destino
Mar de Alborán Occidental - Cádiz – Ceuta
Contorna
Urbano
Relevancia
Internacional

Como chegar

Acceso
Por terra

A visita

Visitábel
Si