A illa de Toralla é unha pequena illa situada na costa sur da ría de Vigo, a uns 400 metros da praia do Vao. Está urbanizada, ten unha superficie de 10,6 hectáreas e está comunicada coa costa viguesa por unha ponte de uso público de 400 metros de lonxitude. Como curiosidade indicar que é unha illa privada, non ten acceso libre máis que ás dúas praias que están no final da ponte á dereita e á esquerda. Atópase na parroquia de Coruxo. A vila romana de Toralla atópase no inicio da ponte no seu lado esquerdo, actualmente segue recibindo o nome de Finca Mirambell debido a que o terreo onde se atoparon os primeiros restos deste xacemento arqueolóxico en Vigo era propiedade da familia Mirambell. Foron atopados nos anos 20 do século pasado, cando a familia levou a cabo unha serie de traballos para o acondicionamento da parcela. A característica máis particular deste xacemento é que é a única vila romana de Galicia que está escavada íntegramente e pode ser visitada. O xacemento data dos séculos IV e V despois de Cristo. Na visita desta vila existen dous tipos de percorrido, un entre os restos da vila e outro percorrido exterior de forma visual acompañado de paneis informativos. Aprecianse as diferentes estancias da casa, as salinas e o sistema termal que indica que as persoas que alí vivían tiñan unha alta posición social.
A illa de Toralla, inicialmente era propiedade do Obispado de Tui. Coa Desamortización faino seu Francisco Javier Martínez Enríquez, Marqués de Valladares, e en 1895 adquírea Enrique Lameiro Sarachaga a unha sobriña do Marqués de Valladares. En 1910 comprábaa Martín de Echegaray, que volveu rico de Arxentina. En 1965 os seus herdeiros véndena ao matrimonio José Manuel Kowalski Fernández e Mercedes Peyrona Díez de Güemes. Finalmente, en 1965 Kowalsky e os irmáns Guillermo e Ramiro Vázquez Lorenzo constitúen Toralla S.A., que constrúe a ponte e a urbaniza. Por unha banda, nace a Torre de Toralla, de 136 vivendas, e por outra créanse 34 parcelas unifamiliares. Na illa hai 170 vivendas cunha poboación estimada de 800 habitantes. O centro arqueolóxico vila romana de Toralla é unha escavación arqueolóxica a ceo aberto dunha vila romana convertida en exposición-museo visitable ao lado da praia do Vao. Atópase situada dentro da finca de Mirambell, rodeada dunha arborada de acacias. O conxunto consta dunha vila residencial, con termas (consta dunha sala de auga fría e outra quente) e outra que se utilizaba para a salga. A súa ubicación era perfecta para este tipo de industria, xa que se sitúa xunto á costa, entre dous areais e na desembocadura dun pequeno río de auga doce. A entrada principal sitúase no centro da fachada, desde a que se accede a un vestíbulo; desde aquí pódese visitar un comedor, cociña, dormitorios, almacén e o complexo termal. Hai dous tipos de percorridos: un visual que se pode realizar desde o exterior acompañado de paneis informativos e outro interior, tamén hai opción de facer visitas guiadas que se poden concertar con antelación para coñecer de primeira man toda a historia desta vila.
A cidade pontevedresa de Vigo conta coa illa de Toralla, de dez hectáreas e situada fronte á praia do Vao. Durante os anos 60, construíuse un edificio nesta illa privada que destruíu o entorno natural da illa. O Concello de Vigo iniciou os trámites para recuperar o uso público deste lugar. A súa praia é a única que mira ao sur de todas as de Vigo e para acceder debe irse camiñando por unha ponte ou por mar. Ademais, nesta zona apareceron asentamentos do século V e IV a.C. Do castro só se atopan uns restos que podemos apreciar no Museo Arqueolóxico de Vigo. Por outra banda, destaca a Vila Romana de Toralla, datada do século IV e coñecida como Finca Mirambell, pois o terreo era desta familia. O terreo contaba coa casa da familia, os serventes e construcións dedicadas á explotación mariña, neste caso, unhas salinas. Vigo, na provincia de Pontevedra, é a cidade máis poboada de Galicia. Destaca polas súas costas, a súa actividade pesqueira e pola súa industria.