Oficialmente coñecido como Museo da Cidade Quiñones de León", trae o seu nome do propio Marqués de Alcedo, D. Fernando Quiñones de León. Foi quen, de doar o seu espazo no ano 1924 á cidade de Vigo, en disposición de que fose convertido nun Museo. Contén unha das mellores coleccións permanentes de pintura galega, albergando á súa vez unha representativa sección de arqueoloxía. Ubicado no Pazo de Castrelos é unha institución dependente do Concello de Vigo, integrada actualmente no circuito de Cultura, Festas e Museos da cidade. O museo inaugurouse no ano 1937 e a súa orixe atópase no antigo pazo de Lavandeira, unha arquitectura de orixe militar medieval, levantada en 1670 e rodeada de xardíns con claras influencias inglesas e francesas. O edificio atópase flanqueado por dúas torres, actualmente reformado e ampliado cun engadido na súa parte posterior. Conta cun distribuidor perpendicular que acolle a capela e o pavillón de servizos. Na planta baixa podemos atopar os vestixios da antiga residencia dos marqueses, con ornamentación, mobiliario e decoración da época
así como a exposición permanente de pintura europea dos séculos XVII e XVIII, legada por Policarpo Sanz. No exterior, os xardíns ocupan cinco hectáreas das vinte catro que conforman o contorno do Parque de Castrelos. Na parte traseira do Pazo, a antiga horta convértese nun espazo histórico, dividido en seis sectores: acceso, rosais da parte superior, xardín francés (xeométrico), xardín inglés (paisaxista), recibidor e bosque. Foi declarado monumento histórico-artístico no seu conxunto: o museo, as coleccións, os xardíns e o propio Parque de Castrelos son Ben de Interese Cultural desde 1955."
O Museo Municipal de Vigo, tamén coñecido como Museo da Cidade Quiñones de León, é un legado histórico-artístico do marqués de Alcedo, D. Fernando Quiñones de León, quen dispón en 1924 ao facelo, a condición de que sexa dedicado a espazo cultural e museístico. Logrou manter en gran medida e, ao longo da súa historia, a súa construción orixinal, integrada no contorno do Parque de Castrelos. Este gran pulmón de Vigo, cun percorrido de vinte catro hectáreas, e o seu Pazo, pertenceron entre 1678 e 1918 á familia Gago de Mendoza Oca Sarmiento; ata D. Fernando Quiñones de León. Este, ao non ter netos, doou o parque e o Pazo ao Concello de Vigo, converténdoo nunha institución dependente do Concello que, comparte fondos coa pinacoteca Francisco Fernández del Riego (na casa de Arias Taboada), por ser ambas de titularidade municipal. Inaugurouse como museo o 22 de xullo de 1937 acadando o título de Ben de Interese Cultural e Xardín Histórico, (cun percorrido subtitulado en linguaxe braille), por Real decreto do 25 de febreiro de 1955. Este estandarte vigués oferta un espazo de interpretación cunha linguaxe que combina a exhibición de obras orixinais, xunto coa narrativa de contextos histórico-culturais da época. Converteuse nunha das principais señas de identidade viguesa, presente en boa parte da súa historia durante a Idade Moderna e Contemporánea. A súa orixe remóntase ao antigo Pazo de Lavandeira, do que colle o seu nome unha das dúas torres que flanquean a edificación, tal e como exhibe o escudo de armas da fachada principal. Esta tipoloxía segue a corrente da arquitectura militar medieval. Durante os enfrontamentos con Portugal, a Torre de Lavandeira quedou devastada, erguéndose de novo en 1670 o novo edificio do morgado fundado polo capitán Juan Tavares. Trátase dun exemplo de palacete renacentista urbano-castelán, habitual no rural galego. Posteriormente foi renovado e ampliado polo marqués de Alcedo, cun engadido na súa parte traseira que, integra un distribuidor perpendicular, acollendo a capela e o pavillón de servizos. A planta baixa está destinada ás habitacións do servizo, cociña e almacéns. Na planta nobre, salóns e cuartos. O mobiliario actual é froito dun sinnúmero de doazóns e compras do Concello de Vigo. A capela é austera, aínda que cun retablo de mediados do S. XVI de procedencia descoñecida. De factura plateresca con dous corpos divididos en tres paos, con catro pinturas sobre táboa, asinao o mestre zamorano Lorenzo de Ávila. Esta planta acolle á súa vez a exposición permanente de pintura europea dos séculos XVII e XIX legada por Policarpo Sanz, con pezas de pintura clásica holandesa, italiana, flamenga, francesa e española. O espazo axardinado concíbese á maneira dos grandes xardíns da Francia do Barroco, a partir dun eixo longitudinal perpendicular á fachada. Trazados a finais do século XIX pola escola de Jacinto Mattos (Oporto), divídese en seis partes: xardín de acceso, rosais, xardín francés, xardín inglés ou pradeira de té", pórtico e, ao fondo, o bosque. Composto por gran variedade de plantas exóticas, ornamentais e centenarias, destaca a camelia do xardín francés, un paseo con dobre fila de camelias chamado Paseo de Antonio Odriozola. Este, conduce ao viveiro e á pista de tenis, pioneira na introdución deste deporte en Galicia. Os tulipáns traídos de Virginia, así como os vellos magnolios entre os que se atopa o máis lonxevo de Galicia, conforman xunto a unha liña de eucaliptos plantados en 1872, os exemplos máis significativos. Viste este espazo de mirtáceas, un orixinal pombal onde se cría unha colonia controlada de pombas zuritas