Skip to main content

Nautic Destination

Vigo. Porto pesqueiro de Europa

Sobre este patrimonio

O porto de Vigo ten unha superficie de 241.238 m2 e está considerado como un dos primeiros portos pesqueiros comercializadores do peixe de consumo humano do mundo. A súa lonxa é famosa, por mover boa parte de todo o peixe que se consume en España e Europa.

Aínda que o seu centro operativo se atope no propio termo municipal, o porto de Vigo comprende as franxas de litoral en ambas marxes da Ría de Vigo abarcando territorio e augas de cinco municipios: Vigo, Redondela, Vilaboa, Moaña e Cangas.

No porto pesqueiro de Vigo atópase a pesca fresca, na zona do Berbés, onde se topan 4 dársenas, e os seus peiraos correspondentes, no cal se asentan as principais empresas do sector de comercialización e venda.

Ademais, tamén se ubican os principais centros de Investigación Pesqueira de Oceánica das distintas Administracións Autonómicas, Centrais e europeas. Inclúe, así mesmo, a actividade de cultivo en medio mariño de especies específicas de alto valor (rodaballo, lubina, ostra, mexillón, linguado e outros mariscos) que se asentan ao longo de polígonos nas augas da Ría e Porto de Vigo.

Para proceder á primeira venda e distribución do produto pesqueiro, o porto de Vigo dispón de cinco lonxas: de Altura, de Bajura e Grandes Peixes, de Litoral, de Mariscos e a Lonxa Dixital. Outros edificios que conforman o porto son departamentos de armadores, para locais de elaborado de peixe e marisco fresco de exportadores e vendedores, así como para as súas oficinas. Todos estes sectores forman o clúster da pesca, e son un conglomerado multidisciplinar de empresas, que se necesitan e retroalimentan unhas con outras.

Para saber máis

O orixe do porto de Vigo remóntase aos primeiros asentamentos da antigüidade que permitían desenvolver a súa actividade ao abrigo desta ría tan produtiva. En gran parte alimentábanse do marisqueo a pé por esta zona costeira. Pouco a pouco foron especializándose e evolucionando nas artes e técnicas da pesca. Estas terras viron pasar diferentes pobos ao longo dos séculos. Fenícios, gregos, celtas e romanos foron deixando a súa pegada e coñecemento nos habitantes e na súa forma de vivir xunto ao mar. A ría tamén foi atacada por hordas de normandos e naves piratas turcos e ingleses. Foi testemuña de batallas épicas como a Batalla de Rande, a principios do século XVIII. É a finais deste século, cando un grupo de emprendedores de orixe catalán chegou a Vigo e pon en fundamento a incipiente industria pesqueira e conserveira, coas súas técnicas de salgadura e salmoura.

Outro factor importante no desenvolvemento deste porto foi a instalación do Lazareto na illa de San Simón que empezou a dar servizo en 1842. Os barcos de mercadorías, procedentes do Caribe, tiñan que estar varios días parados mentres os seus tripulantes pasaban a corentena. E isto daba pé a que en Vigo se realizasen reparacións e mantemento dos barcos. Para iso construíronse estaleiros e zonas de reparación, con correspondente aumento do desenvolvemento da cidade.

No século XIX chegou a ser o porto principal do norte da península e durante a primeira metade do século XX tivo un frenético desenvolvemento xa que as infraestruturas portuarias xa non só dan atraque e abrigo, senón que son tamén depósito de mercadorías cada vez máis importante, sobre todo, tras a chegada do ferrocarril aos peiraos. Durante a segunda metade deste século a actividade viu incrementada caracterizada polo tráfico de pasaxeiros emigrantes, a revolución da pesca conxelada e a chegada da industria automobilística á cidade. Actualmente continúa a súa actividade sendo un dos portos que move boa parte de todo o peixe que se consume en España e Europa.

Para coñecelo mellor

Vigo é unha cidade galega situada na provincia de Pontevedra que se caracteriza por xerar unha gran actividade pesqueira. O seu porto pesqueiro, situado no océano Atlántico, é un dos maiores do mundo e é xestionado pola Autoridade Portuaria de Vigo.

O porto de Vigo, situado na Ría de Vigo, creouse en época romana e medrou tanto que hoxe en día, proporciona 6.000 empregos directos e conta con 357 empresas pesqueiras, entre elas, unha das maiores compañías mundiais de ultraconxelados, a famosa Pescanova".

Ocupa unha superficie terrestre de uns 241.238 m² onde podemos atopar: catro dársenas (para descargar, para reparacións, para usar como estancia, etc.), unha zona de viveiros, outra de frigoríficos e cinco lonxas: de Altura, de Bajura e Grandes Peixes, de Litoral, de Mariscos e a Lonxa Dixital. Todo iso, fai posible que este porto mova ao ano máis de 720.000 toneladas de produtos mariños, converténdose no maior porto pesqueiro de Europa."

Galería

Vigo. Porto pesqueiro de EuropaVigo. Porto pesqueiro de Europa

Localización

Localidade
Vigo
Concello
Vigo
Provincia
Pontevedra
País
España

O ben

Tipo
Porto
Eco-destino
Ría de Vigo
Contorna
Urbano
Relevancia
Internacional

Como chegar

Acceso
Por mar Por terra
Distancia
0 km

A visita

Accesible
No
Aparcadoiro
Sinalizado
Si

Coordenadas

Latitud
42.23451300
Longitud
-8.73562900