Skip to main content

Nautic Destination

AS CASITÉRIDES, RUTA ATLÁNTICA DOS FENICIOS E MUNDO GALAICO: RÍAS DE VIGO E PONTEVEDRA

Descrición

Con este itinerario coñecerás e gozarás dunha navegación pola historia e as paisaxes axudado da visión aumentada e de audios para descubrir as rías de Arousa, Pontevedra e Vigo bañadas polo océano Atlántico. Un achegamento ás vilas, illas e cidades onde poderás apreciar as súas orixes e forma de vida. Baiona, Vigo, Pontevedra, Cambados, o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia ou o río Ulla son algúns dos lugares onde os fenicios e outros pobos, deixaron a súa pegada. Esta civilización fenicio-púnica xurdiu da zona de Oriente Próximo e, oculta baixo a grandeza das civilizacións inimigas de Grecia e Roma, non tiveron o protagonismo que en moitas ocasións mereceron. Foi un pobo de bos navegantes que crearon vías marítimas por todo o Mediterráneo, chegando mesmo ao sur de Gran Bretaña pasando por Galicia e a Bretaña francesa. Fundaron máis de 80 cidades e portos onde levaron os seus produtos e, máis profundamente, a súa cultura. Hai 3.000 anos, un grupo de fenicios partiu desde a actual costa libanesa creando a ruta marítima que levaría por nome Ruta das Casitérides, en honra de como se bautizaron as illas do estaño, nas Rías Baixas. Delas falan escritos de Heródoto, Estrabón ou Plinio o Vello. Esta ruta inclúe durante a travesía pequenas paradas no mar para descubrir en vistas panorámicas o patrimonio de interese a través do uso da aplicación de realidade aumentada NAR

Itinerario

Baiona. Conjunto Histórico Artístico; Lonja de Baiona; Museo Carabela La Pinta. Baiona; Castro Punta do Muíño de Vento; BARRIO MARINERO. Actividad pesquera hoy en día; BARRIO MARINERO. Personajes relevantes y acontecimientos; BARRIO MARINERO. Vida del marinero; BARRIO MARINERO. Embarcaciones a flote. La Gamela; BARRIO MARINERO Evolución histórica, geográfica; Castillo Monterreal; Astilleros de Vigo

Que inclúe

  • Travesía de 5 días segundo itinerario en veleiro privado
  • Patrón instructor a bordo.
  • Aloxamento 3 noites a bordo.
  • Permisos e taxas de fondeo nas illas.
  • Aplicación móbil para vistas panorámicas en miradoiros de realidade aumentada con audioguías en 5 idiomas.
  • Combustible e fondeo en portos.
  • Seguro básico de viaxe

Non inclúe

  • Almorzos, comidas e ceas
  • Visitas con guía acreditado ás Illas Cíes e Illa de Ons
  • Entradas a Museos detallados no itinerario

Actividades complementarias

.- Visita ao museo Centro de Interpretación da Batalla de Rande- Visita ao museo do Mar - Visita con Guía acreditado á Illa de Ons- Visita con Guía acreditado ás Illas Cíes

Recomendacións

Aconséllase roupa de abrigo, chubasqueiro, calzado cómodo (tipo náutico con sola non negra), crema e lentes de sol. Maleta de viaxe branda para estibar no barco.

Observacións

O itinerario é orientativo e podería variar segundo as condicións meteorolóxicas e segundo criterio do patrón que é o responsable da seguridade da tripulación.

Galería

AS CASITÉRIDES, RUTA ATLÁNTICA DOS FENICIOS E MUNDO GALAICO: RÍAS DE VIGO E PONTEVEDRAAS CASITÉRIDES, RUTA ATLÁNTICA DOS FENICIOS E MUNDO GALAICO: RÍAS DE VIGO E PONTEVEDRA

Reserva

Prezo
TIPO DE VELEIRO Resto de datas / Xuño, Xullo e Setembro / AgostoPremium (ocupación 4 pasaxeiros) 860EUR / 940EUR / 1.020EURLuxury(ocupación 6 pasaxeiros) 675EUR / 750EUR / 895EURGrand Luxury(ocupación 8 pasaxeiros) 850EUR / 1.020EUR / 1.365EUR
Presentación
10:20
Inicio
10:30

A actividade

Duración
5 días / 4 noites
Dificultade
Baixo
Embarcación
Veleiro habitable. Clase Premium: ocupación 4 pasaxeiros, clase Luxury: ocupación 6 pasaxeiros, clase Grand Luxury: ocupación 8 pasaxeiros
Accesible
Non
Disponibilidade
DATAS A DEMANDA TODOS OS LUNS

Onde

Encontro
A concretar co operador

Operador

Operador
Experiencias del Destino
Xestor
María CrespoGerente
Teléfono
676 07 21 17